Advertidos erros na antedita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 20, do martes, 29 de xaneiro de 2008, é necesario efectuar a seguinte rectificación:
Na páxina 1.663 debe engadirse un punto sexto despois do quinto:
«Sexto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e contra ela poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».