DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.

O Estatuto de autonomía de Galicia recoñece ás comunidades galegas asentadas fóra de Galicia o dereito a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego. A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade establece o carácter de comunidades galegas das entidades asociativas sen ánimo de lucro, validamente constituídas e con personalidade xurídica no territorio en que se atopen asentadas, que teñan por obxecto principal nos seus estatutos o mantemento de lazos culturais ou sociais con Galicia.

Tras a publicación do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Emigración configúrase como o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade e as relacións coas comunidades galegas no exterior, así como a elaboración e xestión de programas de axudas e subvencións nas áreas sociais e asistenciais, formativas e culturais e aqueleoutros dirixidos á dinamización e capacitación da mocidade integrada nesas comunidades galegas no exterior.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia desconcentra no secretario xeral de Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

Esta resolución abrangue as bases reguladoras e a convocatoria anual das axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior, que se estruturan en oito seccións dentro do capítulo I e que corresponden aos distintos programas previstos para o exercicio 2008.

O procedemento de concesión das axudas e subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración que se establecen e coas dispoñibilidades orzamentarias existentes, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, a que se debe axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Lei 4/2006, do 30 do xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normativa de aplicación, logo de informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

DISPOÑO:

Capítulo I

Axudas e subvencións

Sección primeira

Programa 1. Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servizos socio-asistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto deste programa é a concesión de subvencións destinadas ás entidades que presten servizos sanitarios, socio-asistenciais ou residenciais, que presten servizos a persoas de orixe galega residentes no exterior, que carezan da correspondente cobertura e de medios económicos abondos para afrontar o seu custo.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas.

Consonte co obxecto do programa estas axudas están dirixidas a contribuír ao financiamento de:

1. Gastos de funcionamento de centros hospitalarios, residencias para maiores e centros de convivencia dependentes das entidades galegas do exterior.

2. A concertación de prazas en residencias para maiores e centros hospitalarios que presenten unha acreditada traxectoria na prestación de servizos aos galegos residentes no exterior.

3. Gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento de programas de apoio e atención para o mantemento da autonomía no propio domicilio (asistencia domiciliaria) ou programas extraordinarios de protección social-asistencial.

4. Achegas, de carácter non periódico, derivadas da prestación de servizos de tipo sanitario e/ou socio-asistencial.

A contía individual de cada achega virá limitada polo tope máximo establecido no programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2008, que convoque a Secretaría Xeral de Emigración.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa aquelas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no estranxeiro, legalmente constituídas, que presenten unha acreditada traxectoria na prestación de servizos sanitarios ou de carácter socio-asistencial ás persoas de orixe galega residentes no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización destas prestacións dun xeito continuo, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 4º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas e subvencións obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado, que figura como anexo I desta resolución.

b) Programa ou memoria descritiva en que se concreten as actuacións que sen van realizar e número de beneficiarios de orixe galega que se prevexa atender.

c) Orzamento detallado que recolla o custo previsto de realización das actuacións para as que se solicita a axuda.

d) Nos supostos sinalados nos puntos 2 e 4 do artigo 2º, os solicitantes deberán achegar a relación dos potenciais beneficiarios destinatarios finais das achegas que se pretenden outorgar, en que conste de xeito detallado o seu nome e apelidos, enderezo, provincia galega de orixe e concepto, e contía individual da axuda destinada a cada beneficiario carenciado.

e) Declaración do conxunto das subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (modelo anexo IX).

f) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

g) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

h) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

i) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para seren beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á prestación de servizos sanitarios ou de carácter socio-asistencial dirixidos ás persoas de orixe galega.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos

2. Proxectos compartidos, presentados conxuntamente por dúas ou máis entidades galegas no exterior, que posibiliten a concentración de actividades e medios humanos e financeiros, co obxecto de acadar un maior impacto na realidade social onde se quere actuar e unha optimización dos recursos dispoñibles: 20 puntos

3. Número de asociados galegos do centro ou entidade asistencial e número dos posibles beneficiarios e o seu grao de necesidade: 20 puntos

4. Situación socio-sanitaria existente no ámbito xeográfico de actuación da entidade beneficiaria, priorizándose aqueles países onde a cobertura socio-sanitaria dos galegos residentes sexa deficitaria: 10 puntos

5. Número de residentes do centro ou ingresados nel e orzamento detallado do custo previsto: 10 puntos

Sección segunda

Programa 2. Axudas para promover a realización de exposicións, conferencias, cursos de formación e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior

Artigo 6º.-Obxecto.

A través deste programa preténdese fomentar mediante a concesión de axudas a realización da programación cultural e formativa dos centros e entidades galegas no exterior e, así mesmo, promover a difusión e preservación do patrimonio cultural de Galicia entre as colectividades de galegos residentes nos lugares de acollida.

Artigo 7º.-Finalidade das axudas.

Ao abeiro deste programa poderanse subvencionar, ademais doutras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, a realización de actividades referidas a:

1. Programación anual de actividades culturais e de carácter formativo presentada polos centros e entidades galegas no exterior.

2. Cursos de formación e seminarios (en materias que non sexan subvencionadas a través doutros programas por esta Secretaría Xeral de Emigración ou por outro departamento da Xunta de Galicia).

3. Celebración de exposicións e mostras representativas das distintas manifestacións artísticas e culturais levadas a cabo en Galicia.

4. Conferencias, mesas redondas, xornadas e presentacións literarias que contribúan a dinamizar a vida social e cultural das colectividades de galegos no seu lugar de asentamento.

5. Organización de grupos corais, musicais, teatrais e de danza e actividades que estes realicen.

6. Actos conmemorativos do Día das letras galegas e do Día nacional de Galicia.

7. Outros proxectos promovidos polos centros e entidades galegas no exterior que propicien o fomento e difusión da imaxe de Galicia nos lugares de asentamento das comunidades galegas.

Artigo 8º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 9º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas e subvencións obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado, que figura como anexo II desta resolución.

b) Programa ou memoria descritiva que recolla as actuacións culturais e formativas desenvolvidas pola entidade solicitante en anos anteriores, descrición de actividades que se pretenden realizar neste ano, datas e lugares de realización.

c) Orzamento detallado que recolla o custo previsto de realización de cada actividade e de todas en conxunto para as que se solicita a subvención.

d) Declaración do conxunto das subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

e) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

f) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

g) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

h) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 10º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 30 puntos

2. Proxectos compartidos, presentados conxuntamente por dúas ou máis entidades galegas no exterior, que posibiliten a concentración de actividades e medios humanos e financeiros, co obxecto de acadar un maior impacto na realidade social onde se quere actuar e unha optimización dos recursos dispoñibles: 20 puntos

3. Proxectos formativos, culturais ou asociativos desenvolvidos co obxectivo de fomentar e promover o principio de igualdade entre homes e mulleres, así como aqueloutros que estean dirixidos fundamentalmente a combater todas as manifestacións subsistentes de discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo: 20 puntos.

4. O colectivo de persoas sobre as que incide directamente o programa cultural: 10 puntos.

5. A capacidade de xestionar as actividades para as que se solicita a subvención, atendendo aos programas realizados e debidamente xustificados nos dous últimos exercicios: 10 puntos.

6. A proxección social e divulgación dos sinais de identidade de Galicia que estas actividades poidan ter: 10 puntos.

Sección terceira

Programa 3. Axudas para a edición de libros, publicación de revistas e outras accións de carácter informativo

Artigo 11º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto fomentar e potenciar a dinámica cultural dos centros e comunidades galegas no exterior a través da edición de libros, publicación de revistas de carácter periódico, realización de programas de radio e televisión, así como outras accións que contribúan a un mellor coñecemento da realidade e difusión da imaxe de Galicia nos lugares de asentamento das comunidades galegas residentes no exterior.

Artigo 12º.-Finalidade das axudas.

Atendendo ao obxecto sinalado no artigo anterior poderanse subvencionar ao abeiro deste programa, entre outras, as accións tendentes:

1. Á edición e difusión de libros ou publicación de revistas periódicas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese xeral, así como á realización por parte das entidades galegas de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega.

2. A promover a conexión das entidades galegas a internet de alta velocidade e uso do correo electrónico.

3. A fomentar a conexión das entidades galegas ás novas canles de acceso ás televisións galega e española.

Artigo 13º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 14º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas e subvencións obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado, que figura como anexo III desta resolución.

b) Memoria explicativa das accións que se pretenden desenvolver e orzamento dos gastos previstos para a realización das accións para as que se solicita a axuda.

c) Declaración do conxunto das subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

d) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

e) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

f) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

g) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos, e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 15º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 30 puntos

2. Proxectos compartidos, presentados conxuntamente por dúas ou máis entidades galegas no exterior, que posibiliten a concentración de actividades e medios humanos e financeiros, co obxecto de acadar un maior impacto na realidade social onde se quere actuar e unha optimización dos recursos dispoñibles: 20 puntos.

3. Proxectos formativos, culturais ou asociativos desenvolvidos co obxectivo de fomentar e promover o principio de igualdade entre homes e mulleres, así como aqueloutros que estean dirixidos fundamentalmente a combater todas as manifestacións subsistentes de discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo: 20 puntos.

4. Emprego do idioma galego, de ser o caso: 10 puntos.

5. Calidade, periodicidade, difusión, número de exemplares e custo da edición: 10 puntos.

6. Número de usuarios potenciais e puntos de conexión a internet existentes en cada centro: 10 puntos.

Sección cuarta

Programa 4. Axudas para a realización de proxectos promovidos pola xuventude

Artigo 16º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto implicar e facer partícipe a xuventude vinculada aos colectivos de galegos residentes no exterior na realización de proxectos creativos, formativos, de participación e de intercambio cultural que fomenten a integración dos mozos e mozas nas estruturas orgánicas das entidades galegas no exterior, garantindo deste xeito a renovación xeracional.

Artigo 17º.-Finalidade das axudas.

Ao abeiro deste programa poderanse subvencionar, ademais doutras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as actividades realizadas polas entidades galegas coa participación dos mozos e mozas e en favor dos membros da colectividade ata os 30 anos de idade, referidas a:

1. Intercambios xuvenís de grupos de mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.

2. Formación específica dos mozos e mozas para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.

3. Promoción de actividades deportivas, en calquera especialidade, e fomento das escolas deportivas para a promoción do deporte de base.

4. Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.

5. Realización de actividades culturais (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao colectivo de mozos e mozas da colectividade.

6. Creación de foros de debate e intercambio cultural entre mozos da emigración e mozos galegos, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos, de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.

Artigo 18º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Estas entidades deberán contar cunha sección ou comisión xuvenil legalmente constituída nos seus órganos de goberno ou ben dispoñer dun grupo de mozos e mozas constituído para o efecto, capaces de xestionar e desenvolver as finalidades obxecto de subvención.

Artigo 19º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas e subvencións obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado, que figura como anexo IV desta resolución.

b) Memoria explicativa que recolla as actividades promovidas e dirixidas á xuventude desenvolvidas pola entidade solicitante en anos anteriores, descrición das actividades que se pretenden realizar este ano, datas e lugares de celebración. Esta memoria será elaborada polo responsable da sección xuvenil ou do grupo de mozos organizadores das actividades co visto e prace do presidente da entidade.

c) Orzamento detallado que recolla o custo previsto de realización das actividades para as que se solicita a axuda.

d) Información completa sobre a identidade, currículo e experiencia de cada un dos mozos organizadores da actividade, así como número e características dos posibles beneficiarios das accións previstas.

e) Certificación do secretario, co visto e prace do presidente, acreditativa de que os mozos que presentan o proxecto forman parte das seccións ou comisións xuvenís da entidade ou foron nomeados pola xunta directiva para o total desenvolvemento do proxecto.

f) De ser o caso, certificación do secretario, co visto e prace do presidente, acreditativa da presenza de mozos e mozas menores de 30 anos nos órganos directivos da entidade solicitante (cos seus nomes e apelidos, número de DNI ou documento similar e cargo que ocupa na entidade).

g) Declaración do conxunto das subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

h) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

i) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

j) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

k) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 20º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 30 puntos

2. Proxectos compartidos, presentados conxuntamente por dúas ou máis entidades galegas no exterior, que posibiliten a concentración de actividades e medios humanos e financeiros, co obxecto de acadar un maior impacto na realidade social onde se quere actuar e unha optimización dos recursos dispoñibles: 15 puntos.

3. Proxectos formativos, culturais ou asociativos desenvolvidos co obxectivo de fomentar e promover o principio de igualdade entre homes e mulleres, así como aqueloutros que estean dirixidos fundamentalmente a combater todas as manifestacións subsistentes de discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo: 15 puntos.

4. Presenza de mozos e mozas menores de 30 anos nos órganos directivos da entidade solicitante: 10 puntos.

5. Capacidade de integración do proxecto presentado respecto doutros colectivos de persoas alleos á entidade solicitante: 10 puntos.

6. Capacidade de xestión das actividades para as que se solicita a subvención, atendendo aos programas realizados e debidamente xustificados en anos anteriores: 10 puntos.

7. Incidencia e difusión que poida ter a realización do proxecto no conxunto do país de asentamento ou na súa área de influencia: 10 puntos.

Sección quinta

Programa 5. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior

Artigo 21º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos correntes ou de funcionamento de carácter periódico en que incorran os centros e entidades galegas existentes fóra de Galicia e que resulten necesarios para o mantemento da súa actividade ordinaria.

Artigo 22º.-Finalidade das axudas.

Poderanse subvencionar ao abeiro deste programa os gastos derivados de:

1. O arrendamento de inmobles que se utilicen, en todo caso, como sede habitual e permanente das entidades galegas solicitantes, sempre que a entidade non dispoña de locais ou instalacións en propiedade susceptibles de ser utilizados como sede habitual e permanente.

2. Outros gastos correntes que soporte a entidade, como son os derivados da adquisición de subministracións non inventariables (material de oficina, prensa, revistas ou material informático non inventariable), comunicacións telefónicas, luz e outros gastos de carácter similar incluídos dentro do capítulo II da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

3. Gastos de desprazamento dos representantes legais das entidades e centros galegos no exterior con motivo das reunións e sesións de traballo convocadas oficialmente pola Secretaría Xeral de Emigración.

Artigo 23º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 24º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás axudas obxecto deste programa deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo V desta resolución.

b) Relación dos gastos correntes soportados pola entidade para os que se solicita a axuda asinada polo secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, referente aos dous meses anteriores á presentación da solicitude de axuda, e copia das respectivas facturas.

c) Orzamento detallado que recolla os custos previstos neste ano para cada concepto de gasto.

d) De ser o caso, copia cotexada do contrato oficial de aluguamento do local que sirva de sede habitual e permanente da entidade solicitante e copia dos xustificantes de pagamento das mensualidades referentes aos dous meses anteriores á presentación da solicitude de axuda.

e) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para a mesma acción para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

f) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

g) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

h) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

i) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 25º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos

2. Número de entidades galegas existentes na cidade onde estea situado o centro solicitante da axuda, valorándose positivamente os supostos en que exista unha única entidade que aglutine a toda a colectividade de galegos residentes na respectiva cidade: 20 puntos.

3. Número de asociados, implantación e traxectoria da entidade ou centro galego solicitante: 20 puntos.

4. Importancia, repercusión e axeitada xestión das actividades culturais, formativas e/ou socio-asistenciais realizadas pola entidade en anos anteriores: 20 puntos.

Sección sexta

Programa 6. Axudas para a contratación de grupos de música, de teatro e outras manifestacións culturais

Artigo 26º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da contratación por parte das entidades e centros galegos no exterior de grupos de música, de teatro e para a realización doutras actividades que contribúan a promover e difundir as distintas manifestacións representativas do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 27º.-Finalidade das axudas.

Atendendo ao obxecto sinalado no artigo anterior, poderanse subvencionar ao abeiro deste programa as accións tendentes a:

1. Contratación de grupos ou formacións de música, de danza, bandas e corais, que teñan a súa residencia en Galicia.

2. Contratación de compañías teatrais de autor, de monicreques ou de espectáculos de maxia, que teñan a súa residencia en Galicia.

3. Realización doutras actividades que contribúan a promover e difundir as distintas manifestacións representativas do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 28º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 29º.-Documentación.

As entidades interesadas en concorrer ás subvencións e axudas obxecto deste programa deben presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado que figura como anexo VI desta resolución.

b) Memoria explicativa que abranga os seguintes puntos: traxectoria cultural da entidade solicitante e os motivos que fundamentaron a elección da actividade proposta, descrición da actividade que se pretenda realizar e data prevista de celebración.

c) Orzamento detallado que comprenda o custo das actuacións culturais que se van desenvolver, así como as facturas proforma que recollan o caché profesional emitidas polo grupo cultural que se prevé contratar.

d) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

e) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

f) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

g) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

h) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 30º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Actuacións solicitadas conxuntamente por dúas ou máis entidades ou centros galegos no exterior: 20 puntos.

3. Proxección social, promoción e divulgación do patrimonio cultural de Galicia que a actividade cultural poida ter no lugar de destino: 15 puntos.

4. Razoabilidade do orzamento proposto e nivel de autofinanciamento do custo da actividade prevista: 15 puntos.

5. Traxectoria da entidade solicitante e importancia, repercusión e axeitada xestión das actividades culturais realizadas en anos anteriores:10 puntos.

Sección sétima

Programa 7. Axudas para a subscrición a publicacións, xornais e revistas de carácter periódico

Artigo 31º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ás entidades e centros galegos no exterior para a subscrición a publicacións, xornais e revistas de carácter periódico durante o ano 2008, que contribúan a subministrar información aos galegos residentes no exterior.

Artigo 32º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 33º.-Documentación.

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado que figura como anexo VII desta resolución.

b) Memoria explicativa que motive as subscricións que se pretenden realizar durante o ano 2008.

c) Orzamento detallado ou factura proforma que recolla o custo das subscricións durante o ano 2008.

d) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

e) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

f) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

g) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

h) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 34º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Calidade técnica do programa de actuacións presentado, atendendo a criterios técnicos, de adecuación a obxectivos e ao seu carácter innovador: 40 puntos.

2. Dispoñibilidade de local propio ou en alugamento como sede habitual e permanente da entidade: 30 puntos.

3. Número de asociados, implantación e traxectoria da entidade ou centro galego solicitante: 15 puntos.

4. Actividades semanais desenvolvidas pola entidade ou centro galego solicitante: 15 puntos.

Sección oitava

Programa 8. Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior

Artigo 35º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ás entidades e centros galegos no exterior para sufragar os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da adaptación dos seus nomes e da reforma dos seus estatutos.

Artigo 36º.-Finalidade das axudas.

Atendendo ao obxecto sinalado no artigo anterior, poderanse subvencionar ao abeiro deste programa as accións tendentes a:

1. Sufragar, en todo ou en parte, os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da adaptación dos nomes das entidades galegas no exterior á Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia, que no seu artigo 10º.1 establece que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

2. Contribuír a financiar, en todo ou en parte, os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da inclusión na denominación das entidades galegas no exterior da palabra Galicia ou dalgunha das súas derivacións, así como os que se orixinen pola adaptación dos seus estatutos aos requisitos establecidos pola lexislación autonómica vixente reguladora da materia.

Artigo 37º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior. Entenderase que a entidade solicitante cumpre este requisito se acredita documentalmente a realización continua de accións de difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior, como mínimo durante os últimos tres anos.

Artigo 38º.-Documentación.

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado que figura como anexo VIII desta resolución.

b) Certificación actual do acordo adoptado pola xunta directiva da entidade solicitante en que se recolla a decisión de adaptar o nome da entidade á Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.

c) Fotocopia dos estatutos da entidade onde se recolla a súa denominación actual, sempre que non fosen achegados con anterioridade.

d) Orzamento detallado ou facturas proforma que recollan o custo da adaptación do respectivo nome.

e) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade para a que se solicita a axuda, das distintas administracións públicas competentes ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

f) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo IX).

g) Certificación da entidade bancaria en que conste o número de conta e o titular, no caso de que non fose achegada con anterioridade ou se producise algún cambio.

h) Fotocopia do NIF da entidade, ou equivalente segundo o país (CUIT, RIF, CADASTRO, ...), sempre que non fose achegado con anterioridade.

i) Para as entidades solicitantes que non estean inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas, e coa finalidade de comprobar se cumpren os requisitos necesarios para ser beneficiarias das axudas, informe en que se describan detalladamente as accións realizadas nos últimos tres anos e os importes investidos, referidas á difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Artigo 39º.-Criterios de valoración.

A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solictudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

1. Número de asociados, implantación e traxectoria da entidade ou centro galego solicitante: 70 puntos.

2. Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador: 30 puntos.

Capítulo II

Disposicións xerais: financiamento, competencia e procedemento

Artigo 40º.-Financiamento.

Para a concesión das axudas previstas nesta resolución resérvase inicialmente un crédito total de 1.870.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.481.0.-Axudas a entidades no ámbito das migracións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, podendo incrementarse a devandita contía de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

Esta contía distribuirase da maneira que segue:

-200.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 1.

-350.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 2.

-180.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 3.

-350.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 4.

-400.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 5.

-350.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 6.

-25.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 7.

-15.000 € para o financiamento das actuacións contidas no Programa 8.

O crédito asignado inicialmente a cada programa poderá ser modificado en función das necesidades orzamentarias e/ou redistribuído internamente entre os demais programas previstos, en función das solicitudes de axuda presentadas e da súa respectiva contía.

Artigo 41º.-Órganos competentes.

A ordenación e instrución dos procedementos correspondentes aos programas de axudas establecidos nesta resolución corresponderalle ao xefe de servizo de Promoción dos Centros e Comunidades Galegas da Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas.

O órgano competente para resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta resolución será o secretario xeral de Emigración.

Artigo 42º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente, en concreto á Secretaría Xeral de Emigración (rúa Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela-A Coruña), e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A documentación presentada, no caso das entidades galegas, deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente, ou, noutro caso, polos representantes legais das institucións e asociacións solicitantes.

En casos excepcionais, que serán valorados e apreciados pola Secretaría Xeral de Emigración en función da situación do país en que se sitúen, as entidades solicitantes quedarán exentas de presentar a certificación bancaria exixida como documentación preceptiva para cada programa previsto nesta resolución.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o último día coincida en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día hábil seguinte.

Artigo 43º.-Procedemento de concesión da subvención.

1. O procedemento para a tramitación e concesión das axudas que se convocan mediante esta resolución axustarase ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes someteranse a un réxime de concorrencia competitiva tal como recolle a devandita Lei de subvencións de Galicia.

2. Os expedientes serán avaliados, segundo os criterios establecidos para cada programa de axudas, por un órgano colexiado que deberá emitir informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O devandito órgano colexiado estará formado por tres funcionarios da Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas.

3. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe do órgano colexiado, formulará a proposta de resolución, debidamente motivada.

Artigo 44º.-Resolución.

1. As resolucións serán ditadas polo órgano competente e notificadas aos interesados, debendo ser sempre motivadas. A Secretaría Xeral de Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións de contía igual ou superior a 3.000 euros concedidas a través desta convocatoria, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade para a que se outorgou a axuda.

Ademais, e de conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Emigración publicará na súa páxina web www.galiciaaberta.com a relación dos beneficiarios e os importes das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

2. O prazo máximo para resolver será de seis meses, que comezarán a contar desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións expresas, poderán entenderse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda producido o acto presunto, no caso de resolucións desestimadas por silencio administrativo, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 45º.-Xustificación e pagamento.

1. A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008, agás causa xustificada que será avaliada pola Secretaría Xeral de Emigración.

2. Previamente ao pagamento do importe da subvención concedida, os beneficiarios de axudas deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Emigración, antes do prazo sinalado, a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe detallado en que conste a descrición das accións realizadas, que foron financiadas coa subvención, e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos en que se incorren.

b) Factura ou facturas orixinais ou ben fotocopias cotexadas por funcionario público competente, acreditativas dos gastos subvencionables.

A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

c) Certificación do secretario da entidade beneficiaria, co visto e prace do seu presidente, en que conste que cada unha das facturas presentadas como xustificación corresponden a gastos realizados pola entidade en execución da actividade subvencionada.

d) Relación de todas as facturas, sinalando para cada unha delas a finalidade correspondente, segundo o modelo normalizado que figura como anexo X desta resolución.

e) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas -tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución- para as mesmas accións para as que se concedeu a subvención, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, segundo o modelo normalizado que figura como anexo IX desta resolución.

f) No suposto establecido no punto 4, do artigo 2º, correspondente ao programa de axudas para a prestación de servizos socio-asistenciais, as entidades beneficiarias deberán presentar a relación das achegas finalmente concedidas asinada polo presidente e secretario, así como os respectivos recibos individuais asinados polos destinatarios finais das axudas, en que conste o nome e apelidos da persoa carenciada, enderezo, provincia galega de orixe, concepto e contía individual da axuda.

g) Para o programa accións informativas, edición de libros e publicación de revistas, no caso de edicións ou publicacións deberase enviar un exemplar do libro, revista ou publicación.

h) Para o programa axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior, achegarase copia compulsada dos novos estatutos do respectivo centro ou entidade unha vez adaptados.

3. Considerarase gasto realizado o que sexa debidamente certificado e xustificado mediante a presentación das correspondentes facturas ou documentos con valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil.

4. As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con calquera outra que lle puidese ser concedida para a mesma finalidade. Non obstante, o importe da axuda en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da acción que levou a cabo o beneficiario.

5. A documentación presentada polos beneficiarios, no caso das entidades galegas, deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente, e polos representantes das institucións e asociacións solicitantes nos demais casos.

Unha vez resolto o expediente e, para acadar a maior operatividade deste tipo de axudas, poderán efectuarse pagamentos parciais ou, con carácter excepcional, acordarse anticipos dos importes concedidos ata a contía máxima permitida de acordo co establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, suxeitos aos requisitos que se establecen nesta lei e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comuidade Autónoma de Galicia. O resto do importe librarase no momento de completar a xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións exixidas nesta resolución.

Artigo 46º.-Obrigas dos beneficiarios.

Con carácter xeral, os beneficiarios das axudas e subvencións correspondentes aos programas convocados por esta resolución quedan obrigados a:

1. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

2. Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral de Emigración, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente non atendidos ou aumentar a axuda doutros subvencionados parcialmente.

Non debe considerarse que incorre en incumprimento o beneficiario que realice parcialmente o proxecto ou actividade que é obxecto da subvención por falta de financiamento propio, sempre que a actividade subvencionada sexa esencialmente divisible e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención.

3. As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións recollidas nesta resolución quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Secretaría Xeral de Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

No suposto establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 2º, correspondente ao programa de axudas para a prestación de servizos socioasistenciais, a Secretaría Xeral de Emigración poderá comunicar directamente ás persoas físicas destinatarias das achegas a concesión da respectiva axuda outorgada pola respectiva entidade socio-asistencial.

4. O solicitante presta o seu consentimento para incluír e facer públicos, no rexistro público de axudas, subvencións e convenios e no rexistro público de sancións, creados nos artigo 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Os datos referidos integrarán un ficheiro cuxo responsable será a Consellería de Economía e Facenda, ante quen se poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Salvo nos casos sinalados no artigo 9.4º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a non autorización da obtención de datos ou a súa publicidade, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou subvención ou, se procede, ao reintegro do importe concedido.

Artigo 47º.-Modificación da resolución de concesión e revogación.

1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral de Emigración, no momento en que se produza, calquera alteración dos requisitos exixidos na convocatoria ou de circunstancias sobrevidas que impidan ou dificulten a execución das accións subvencionadas, podendo a Secretaría Xeral adoptar a resolución de modificación da concesión ou de revogación que corresponda.

2. Procederá a revogación das axudas e subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 33 e seguintes, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 48º.-Recursos.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2008.

Manuel Luis Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración

Ver referencia pdf "04700D003P007.PDF"