DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, pola que se fai pública a concesión de catorce bolsas de formación de expertos/as en cooperación para o desenvolvemento, convocadas pola Resolución do 16 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

A Resolución do 16 de novembro de 2007, da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores (DOG do 23 de novembro), aproba as bases reguladoras e procede á convocatoria pública de catorce bolsas de formación de expertos/as en cooperación para o desenvolvemento.

Na súa virtude, e tendo en conta a proposta da comisión de selección prevista na base quinta da convocatoria, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios/as das bolsas.

Esta relación xúntase como anexo.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2008.

Julio César Fernández Mato

Secretario xeral de Relacións Exteriores

Ver referencia pdf "04700D003P007.PDF"