DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 06 de marzo de 2008 Páx. 3.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2007 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2007 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha liña de apoio ao seu mantemento e funcionamento.

Norma reguladora: Orde do 22 de maio de 2007 pola que se convocan axudas económicas destinadas a subvencionar gastos de mantemento e funcionamento das asociacións e federacións de mulleres de Galicia.

Crédito orzamentario: 240.000 euros, con cargo ás seguintes partidas orzamentarias:

-05.20.313B.480.0: 165.000 euros.

-05.20.313D.481.0: 75.000 euros.

Conceptos subvencionables: foron obxecto de subvención os gastos correntes derivados do mantemento e do funcionamento das asociacións de mulleres e das federacións constituídas por estas durante o ano 2007.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2008

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "04700D001P006.PDF"