DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 05 de marzo de 2008 Páx. 3.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da cláusula de revisión salarial para o ano 2007.

Visto o acordo subscrito o 29 de xaneiro de 2008, pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da cláusula de revisión salarial para o ano 2007, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Convenio colectivo galego de editoriais

En Vigo, na sede de Editorial Galaxia, S.A., ás 10.30 horas do día 29 de xaneiro de 2008, coa asistencia de Pilar Sampil Sánchez e Carlos del Pulgar Sabín en representación da Asociación Galega de Editores e de Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), ten lugar a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais coa seguinte orde do día:

1º Cláusula revisión salarial ano 2007.

Adóptanse os seguintes acordos:

1º Cláusula revisión salarial ano 2007.

Actualización das retribucións salariais do ano 2007, motivada pola diferenza entre o aumento do 2% realizado no ano 2007, e o IPC real do ano 2007, calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estadística, 4,1%, máis 0,25%.

Consonte os artigos 7.3.1. e 7.3.2. do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro de 2007, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa I.

O que, en conformidade coa presente acta, asinamos en Vigo, o 29 de xaneiro de 2008.

Pola organización sindical CIG: Pola Asociación Galega de Editores:

Jesús Costa Argibay Pilar Sampil Sánchez

Fernando Fernández González Carlos del Pulgar Sabín

Ver referencia pdf "04600D005P019.PDF"