DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 29 de febreiro de 2008 Páx. 3.450

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 259/2007, do 13 de decembro, polo que se crea o Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro de 2008, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 815, artigo 1º.1, onde di: «... Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes», debe dicir: «...Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo.»

Na páxina 816, artigo 5º.4, parágrafo terceiro do punto c), onde di: «Copia autenticada do DNI/pasaporte da persoa representante ou substituta», debe dicir: «Copia autenticada do DNI/pasaporte da persoa representante e substituta».

Na páxina 816, artigo 6º.1, paragrafo terceiro, onde di: «...á designación da persoa representante ou substituta...», debe dicir: «...á designación da persoa representante e/ou substituta...».

Na páxina 817, artigo7º.2, onde di: «...seguirá os mesmos trámites para a súa inscrición que o documento substituído», debe dicir: «...seguirá os mesmos trámites para a súa inscrición que o documento que se vai substituír».

Na páxina 817, artigo 7º.3, onde di: «As instrución previas poderanse revogar libremente...», debe dicir: «As instrucións previas poderanse revogar libremente...».

Na páxina 817, artigo 8º.3, onde di: «... en caso de non aplicación das instrución previas...», debe dicir: «...en caso de non aplicación das instrucións previas...».

Na páxina 818, anexo I, no punto 3, onde di: «Copia auténtica do DNI/pasaporte da/s persoas representantes e substituta...», debe dicir: «Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa representante e substituta...».

Na páxina 818, anexo I, punto 6, autorizo, onde di: «... á consulta do documento de instrucións previas ao meu médico responsable...», debe dicir: «... á consulta do documento ao médico que presta a asistencia sanitaria...».

Na páxina 818, anexo I, chamada (4), onde di: «Presentar cando se designe unha ou varias persoas representantes, e se é o caso...», debe dicir: «Presentar cando se designe unha persoa representante, e se é o caso...».

Na páxina 819, anexo II, no punto 3 , onde di: «Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa que actúe en representación substitución», debe dicir: «Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa representante ou interlocutor».

Na páxina 819, anexo II, no espazo correspondente á data, onde di: «.... de .... de 200...», debe dicir: «En .... a ... de...de 200...».

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN

E INDUSTRIA