DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 29 de febreiro de 2008 Páx. 3.447

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Advertidos erros na devandita lei, remitida para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 31 de decembro de 2007, cómpre facer as oportunas correccións:

No artigo 2º.Catro, páxina 20.416, no cadro do estado de ingresos da Administración xeral e organismos autónomos, na terceira columna, segunda fileira, onde di: «650.0000», debe dicir: «650.000».

No artigo 5º, letra c), páxina 20.418, onde di: «Para incorporar ao crédito 05.31.312A.480.1...», debe dicir: «Para incorporar ao crédito 05.41.312A.480.1...».

No artigo 7º, letra g), páxina 20.420, onde di: «Os incluídos na aplicación 05.20.312B.480.0...», debe dicir: «Os incluídos na aplicación 05.30.312B.480.0...».

No artigo 18º, páxina 20.425, onde di: «...custo e aplicacións de coeficientes...», debe dicir: «...custo e aplicación de coeficientes...».

No artigo 52º.Catro, segundo parágrafo, páxina 20.435, onde di: “...polo se regula a distribución...” debe dicir: “polo que se regula a distribución”.

No artigo 54º.Dous, 27) no quinto parágrafo, páxina 20.439, onde di: «... ampliación solicitada por 365:», debe dicir: «... ampliación solicitada por 365.».

Na disposición derradeira primeira, páxina 20.448, primeira columna, décimo terceiro parágrafo, onde di: «Os recursos que deriven da alíneas...», debe dicir: «Os recursos que deriven das alíneas...».

Na mesma disposición e páxina, segunda columna, derradeiro parágrafo, onde di: «... rexerase polo das disposicións desta lei.», debe dicir: «... rexerase polo resto das disposicións desta lei.».

Finalmente, o anexo 3, páxina 20.452 e seguintes, o cadro de convenios e subvencións con entidades locais, debe substituírse polo que segue:

Ver referencia pdf "04300D001P007.PDF"