DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2008 Páx. 3.271

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 19 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 12 de decembro de 2005, pola que se nomean membros do Consello Galego de Saúde.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, dedica o seu título VII á participación comunitaria, como expresión do dereito dos cidadáns a participar na actividade dos organismos públicos que afecte a calidade de vida ou o benestar xeral e na formulación e control da política sanitaria, recollidos nos artigos 9.2º e 129.1º da Constitución española, e nos artigos 5 e 53 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Esta participación instruméntase como un valor social e elemento de cooperación e información do sistema sanitario de Galicia para a mellora da saúde e do benestar dos cidadáns e a súa promoción.

Co obxecto de posibilitar a devandita participación, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, creou o Consello Galego de Saúde, como principal órgano colexiado de participación comunitaria no sistema sanitario de Galicia, ao cal lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade na formulación da política sanitaria e no control da súa execución, segundo determina o artigo 120 da lei antes citada.

Tal e como se establece no artigo 2 do Decreto 74/2005, do 14 de abril, o Consello Galego de Saúde terá doce vogais en representación dos cidadáns. Así mesmo, este artigo establece oito vogais en representación das organizacións sindicais máis representativas.

O artigo 3 do Decreto 74/2005, do 14 de abril, determina que os doce vogais representantes dos cidadáns e os seus suplentes serán designados na seguinte proporción:

-Oito vogais pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

-Un vogal por cada unha das deputacións provinciais da comunidade autónoma.

Os oito vogais representantes das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, e os seus suplentes, serán designados tendo en conta os criterios de proporcionalidade establecidos na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, ou norma que a substitúa.

Con data do 18 de febreiro de 2008 a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) comunicou a designación dos seus novos representantes no Consello Galego de Saúde con efectos desde o 12 de febreiro de 2008.

Así mesmo, o sindicato CC.OO., con data do 14 de febreiro comunicou a designación do seu novo representante e un suplente no Consello Galego de Saúde con efectos desde o 12 de febreiro de 2008.

Por tal motivo, cómpre proceder ao nomeamento dos novos membros, de conformidade coa proposta formulada polas organizacións a que lles corresponde a súa designación.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e os artigos 2, 3 e 4 do Decreto 74/2005, do 14 de abril,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear as seguintes persoas en representación dos cidadáns, pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), con efectos desde o 12 de febreiro de 2008:

-Serafín Martínez Martínez (alcalde de Fornelos de Montes).

-Luís Milia Méndez (alcalde de Carballeda de Avia).

-José A. Dono López (alcalde da Estrada).

-Claudio Garrido Martínez (alcalde de Sarria).

-Mar Martín García (concelleira de Santiago de Compostela).

-Julio Álvarez Núñez (alcalde de Quiroga).

-Javier Francisco Caínzos Vázquez (alcalde de Curtis).

-Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo).

Artigo 2º

Nomear a Mª Dolores González Lorenzo en representación do sindicato CC.OO, con efectos desde o 12 de febreiro de 2008.

Artigo 3º

Modifícanse as alíneas c.1) e d.1) do anexo da Orde do 12 de decembro de 2005, que terán a redación dada no anexo a esta orde.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 16 de marzo de 2006 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Saúde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2008.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

c.1) Pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

-Serafín Martínez Martínez (alcalde de Fornelos de Montes).

-Luís Milia Méndez (alcalde de Carballeda de Avia).

-José A. Dono López (alcalde da Estrada).

-Claudio Garrido Martínez (alcalde de Sarria).

-Mar Martín García (concelleira de Santiago de Compostela).

-Julio Álvarez Núñez (alcalde de Quiroga).

-Javier Francisco Caínzos Vázquez (alcalde de Curtis).

-Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo).

d.1) CC.OO.:

-José Luis Marcos Luaña.

-Clara Gamarra Lozano.

-Mª Dolores González Lorenzo.