DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2008 Páx. 2.951

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 1 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 13 de novembro de 2006, pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación.

A Orde do 13 de novembro de 2006, publicada no DOG nº 227, do 24 de novembro, creou o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación. Este estrutúrase en catro seccións, sendo a cuarta a de técnicos, que pola súa vez se subdivide en dúas subseccións:

1. Técnicos de grao superior.

2. Técnicos de grao medio.

Tendo en conta a proposta do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da provincia de Pontevedra procede modificar a denominación das dúas subseccións da sección cuarta de técnicos.

En virtude do exposto

DISPOÑO:

Modificar a Orde do 13 de novembro de 2006 pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación no que se refire á denominación das dúas subseccións en que se divide a sección cuarta do directorio, a de técnicos, que quedará subdividida en:

1. Arquitectos ou enxeñeiros.

2. Aparelladores, arquitectos técnicos ou enxeñeiros técnicos.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2008.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE TRABALLO