DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2008 Páx. 2.951

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 252/2007, do 13 de decembro, polo que se establece a ordenación do control metrolóxico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no decreto antes citado, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 6, do 9 de xaneiro de 2008, é necesario facer as seguintes correccións:

-Na páxina 438, no punto 1.1, onde di: «-Control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, en aplicación da verificación…», debe dicir: «-Control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, no que se refire á verificación...».

-Na páxina 439, no punto 4.1, onde di: «-Controlar que os instrumentos de medida…, se comercialicen ou se poñan en servizo segundo proceda.», debe dicir: «-Controlar que os instrumentos de medida..., non se comercialicen nin se poñan en servizo, segundo proceda».

-Na páxina 439, no punto 4.3, onde di: «As accións de vixilancia e inspección..., en virtude de acordos…», debe dicir: «As accións de vixilancia e inspección..., ou en virtude de acordos...»