DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2008 Páx. 2.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 19 de febreiro de 2008 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública, a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 33/2008, do 14 de xaneiro, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día 19 do mes que corre e aprobada por esta Xunta Electoral Provincial o día da data.

En cumprimento do previsto na norma oitava da instrución da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), ditada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio que por acordo desta Xunta Electoral Provincial do día da data foi aprobada a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día 19 de febreiro a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 33/2008, do 14 de xaneiro.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas que se consideren afectadas poderán examinar a dita proposta, así como os seus antecedentes, nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, primeira planta, rúa Capitán Juan Varela, s/n, da cidade da Coruña, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación deste acordo e formular dentro do mesmo prazo os recursos que consideren pertinentes sen defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 19 de febreiro de 2008.

Manuel Ferreiro González

Secretario