DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2008 Páx. 2.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 19 de febreiro de 2008 polo que se fai pública a comunicación do director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, do 19 de febreiro, en relación á emisión, na Televisión de Galicia e na Radio Galega, os días 25 de febreiro e 3 de marzo de 2008, dos debates que protagonizarán os sres. Rodríguez Zapatero e Rajoy Brey, producidos pola Academia de Televisión.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrución da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), ditada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da comunicación do director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, do 19 de febreiro, en relación á emisión, na Televisión de Galicia e a Radio Galega, o próximos días 25 de febreiro e 3 de marzo de 2008, dos debates que protagonizarán os sres. Rodríguez Zapatero e Rajoy Brey, producidos pola Academia de Televisión.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a dita programación nas dependencias da Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta primeira; rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación deste acordo, e formular os recursos que xulguen pertinentes.

A Coruña, 19 de febreiro de 2008.

Manuel Ferreiro González

Secretario