DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2008 Páx. 2.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das Consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

O curso impartirase dous días por semana nos meses de maio e xuño de 2008 polas tardes de 16.00 a 21.30 h.

Os días 6, 7, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de maio de 2008 e 3, 5, 10 e 12 de xuño de 2008.

4. Duración.

60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de realización.

Instalacións de Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera 4-2º, local 6-7. 15006 A Coruña.

6. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

7. Dirixido a:

Responsables técnicos dos establecementos e servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria.

8. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes.

Segundo o modelo do anexo.

10. Data límite para a presentación de solicitudes.

Ata o 30 de abril de 2008.

11. Programa.

Ver referencia pdf "03700D006P035.PDF"

A Coruña ata o día 30 de abril de 2008.

12. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2008.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública