DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2008 Páx. 2.859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2007.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2008.

Santiago Antonio Roura Gómez

Secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "03700D003P027.PDF"

Ver referencia pdf "03700D004P029.PDF"