DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2008 Páx. 2.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 31 de outubro de 2007, pola que se comunican os lugares de habilitación e se lle dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción.

Como consecuencia do gran número de consultas recibidas en relación coa habilitación dos libros de subcontratación, regulados no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontatación no sector da construción, e coa finalidade de facilitarlle, a todas as persoas interesadas a realización deste trámite, por medio desta resolución, complementaria da publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 14 de novembro de 2007, efectúanse as seguintes modificacións e se publica un modelo, orientativo, de escrito de presentación dos referidos libros para a súa habilitación, así:

-Na páxina 18.220, no punto 2.d), apartado catro, onde di: «4. Número de libros presentados», debe dicir: «4. Relación de libros presentados».

-Na páxina 18.220, no punto 2.d), parágrafo segundo, primeira liña, onde di: «A este escrito xuntarase o libro...», debe dicir: «A este escrito, do que se achega un modelo orientativo no anexo II, xuntarase o libro...».

-Na páxina 18.220, no punto 2.d), parágrafo terceiro, segunda liña, onde di: «... que figura no anexo a esta...», debe dicir: «... que figura no anexo I a esta...».

-Na páxina 18.220, columna da dereita, ao final do texto da resolución, onde di: «ANEXO», debe dicir: «ANEXO I».

-Na páxina 18.221, ao final das «Características de edición» do ANEXO I, debe engadirse un último parágrafo que diga: «Este libro deberá estar encadernado de xeito que non permita o intercambio das follas que o compoñen».

-Despois da páxina 18.224 deberá engadirse o ANEXO II.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2008.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais