DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2008 Páx. 2.772

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba o modelo de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

A disposición derradeira da Lei 10/2007, do 28 de xuño, de reforma da disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, establece que, no prazo dun mes contado desde a publicación da lei no Diario Oficial de Galicia, a Xunta de Galicia aprobará un decreto mediante o cal se creará e regulará a organización e a xestión do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

En cumprimento do dito mandato, publicouse o Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, o cal establece no seu artigo 21.1º que as inscricións no devandito rexistro se axustarán ao modelo que aprobe a Dirección Xeral de Xustiza da consellería competente en materia de xustiza.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobación do modelo de inscrición.

Apróbase o modelo de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-Esta resolución será aplicable a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2008.

Begoña Santos Fernández

Directora xeral de xustiza

Ver referencia pdf "03600D002P012.PDF"