DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2008 Páx. 2.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 12 de febreiro de 2008 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2008 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008 regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006.

O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.

O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo.

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo sexto do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para dar cobertura aos expedientes que acaden neste exercicio a fase de concesión, determínanse as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas previstas no citado decreto:

1. Para adquisición de vivenda protexida e usada e promoción para uso propio por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro a aplicación é a 17.02.451B.780.1 por un importe máximo de 3.000.000 €.

2. Para as actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para alugamento e de aloxamentos protexidos por empresas privadas corresponderá á aplicación 17.02.451B.770.0 por un importe máximo 4.680.000 €.

3. Para rehabilitación de edificios e vivendas e reserva de recursos non territorializados por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro corresponderá á aplicación 17.02.451A.780.1 por un importe máximo de 2.600.000 €.

4. Para a urbanización protexida de solo por organismos autónomos corresponderá á aplicación 17.02.451B.731.0 por un importe máximo de 2.857.810 €.

5. Para as actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para aluguer e de aloxamentos protexidos por sociedades públicas locais corresponderá á aplicación 17.02.451B.760.2 por un importe máximo de 350.000 €.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2008.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo