DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2008 Páx. 2.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2008, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique, no Diario Oficial de Galicia, a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Do 7 ao 10 de abril de 2008.

4. Lugar de celebración.

Instalacións de Biocontrol.

Avda. Primo de Rivera, 4-2º, local 6-7 15006 A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido.

A todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Ver referencia pdf "03500D011P025.PDF"

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, no caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2008.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición.

Curso de capacitación para aplicadores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel básico.

Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas:

Do 7 ao 10 de abril de 2008.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións de Biocontrol.

Avda. Primo de Rivera, 4-2º, local 6-7 15006 A Coruña.

Duración:

20 horas teórico/prácticas e unha (1) hora de exame.

Horario:

Das 16.00 ás 21.15 horas.

Nº de prazas:

20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición a Biocontrol por correo a avda. Primo de Rivera, 4-2º, local 6-7 15006 A Coruña, teléfono: 981 24 54 18, por fax: 981 16 81 59 ou por correo electrónico a biocontrol@biocontrolbcl.com, xunto con:

Xustificante de ingreso de 290 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182 2201 47 0201553579.

Data límite de presentación de solicitudes:

Ata o 3 de abril de 2008.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento:

Empresa:

CIF:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Teléfono:

Fax:

Correo eléctronico:

Apelidos:

Nome:

NIF: