DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2008 Páx. 2.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 13 de febreiro de 2008 pola que se exclúe do Catálogo de montes de utilidade pública da provincia de Lugo o monte Fontes e Caladín, no concello de Cervantes.

De conformidade co establecido no artigo 16 e concordantes da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, e no artigo 43 do Decreto 485/1962, polo que se aproba o Regulamento de montes, logo de instrución do expediente pola Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural en Lugo, no cal se acredita que o monte Fontes e Caladín, situado no concello de Cervantes (Lugo), non reúne as condicións que foron determinantes na súa inclusión no Catálogo de montes de utilidade pública, esta consellería, tendo en conta o informe-proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais do 19 de novembro de 2007, e de conformidade co previsto nos artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

Dispón:

Artigo único.-Excluír do Catálogo de montes de utilidade pública da provincia de Lugo o monte Fontes e Caladín, incluído ata o momento no antedito catálogo coas seguintes características:

Nome: Fontes e Caladín.

Número: 2.

Concello: Cervantes.

Pertenza: parroquias de Borzoado, Dorna e outras.

Límites:

N: con predios particulares.

E: con termo das aldeas do distrito de Navia de Suarna.

S: con termos da provincia de León e co Cebreiro.

O: con termos dos Nogais e Becerreá.

Superficie total: 120 ha.

Superficie pública: 120 ha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e contra ela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural