DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2008 Páx. 2.711

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as normas do hábitat galego.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 12, do xoves 17 de xaneiro de 2008, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 1.113 a continuación de «Anexo», debe dicir: «Normas do Hábitat Galego (NHG)». Así mesmo, a continuación deberá incluírse o seguinte:

«Índice xeral

I. Ámbitos de planeamento sen ordenación detallada.

I.A. Vivenda.

I.A.1. Condicións de deseño, calidade e sustentabilidade.

I.A.2. Condicións espaciais.

I.A.3. Condicións dimensionais, funcionais e dotacionais.

I.B. Edificio.

I.B.1. Integración e implantación.

I.B.2. Condicións do edificio en relación co espazo exterior de calidade.

I.B.3. Patios interiores.

I.B.4. Espazos comúns.

I.B.5. Rochos.

I.B.6. Garaxes colectivos.

I.B.7. Dotación de instalacións.

I.C. Contorno.

I.C.1. Espazos exteriores de calidade públicos e privados.

I.C.2. Accesibilidade.

I.C.3. Características referenciais dos espazos exteriores de calidade públicos inmediatos ao edificio.

I.C.4. Características referenciais do espazo exterior de calidade privado inmediato ao edificio.

I.C.5. Vivendas en planta baixa.

I.D. Vivenda unifamiliar illada.

I.D.1. Integración na paisaxe e no contorno.

I.D.2. Condicións de deseño, calidade e sustentabilidade.

I.D.3. Condicións xerais.

II. Ámbitos de planeamento con ordenación detallada vixente.

II.A. Vivenda.

II.A.1. Condicións de deseño, calidade e sustentabilidade.

II.A.2. Condicións espaciais.

II.A.3. Condicións dimensionais, funcionais e dotacionais.

II.B. Edificio.

II.B.1. Integración e implantación.

II.B.2. condicións do edificio en relación co espazo exterior de calidade.

II.B.3. Patios interiores.

II.B.4. Espazos comúns.

II.B.5. Rochos.

II.B.6. Garaxes colectivos.

II.B.7. Dotación de instalacións.

II.C. Contorno.

II.D. Vivenda unifamiliar illada.

III. Rehabilitación.

III.1. Plans especiais de protección con anexo de habitabilidade.

III.2. Rehabilitación en áreas cun instrumento urbanístico de protección non adaptado ás presentes normas do hábitat galego.

III.3. Rehabilitacións funcionais.

III.4. Ampliación e reformas.

IV. Innovación construtiva e novas tecnoloxías.

IV.1. Obxectivo.

IV.2. Procedemento especial para a tramitación de innovacións tipolóxicas.

Anexo I. Definicións.

Anexo II. Mobiliario básico e criterios de aplicación.

Anexo III. Modelo de solicitude de excepcionalidade do cumprimento das Normas do Hábitat Galego.

Na páxina 1.119 , punto I.B.4.1.3, onde di «Esta zona terá un largo libre mínimo de 2 m en toda a súa extensión…», debe dicir: «Esta zona terá un largo libre mínimo de 1,50 m en toda a súa extensión…».

Na páxina 1.125, punto II.A.3.4.1, onde di: «Se o ámbito do comedor se incluíse no da cociña deberanse sumar 5 m2 ás superficies útiles mínimas citadas», debe dicir: «Se o ámbito do comedor se incluíse no da cociña deberanse sumar 4 m2 ás superficies útiles mínimas citadas».

Na páxina 1.133, no encabezamento deberá incluírse «Anexo II. Mobiliario básico e criterios de aplicación».

A páxina 1.145 deberá eliminarse na súa totalidade.

Na páxina 1.146, no encabezamento deberá incluírse «Anexo III. Modelo de solicitude de excepcionalidade do cumprimento das Normas do Hábitat Galego».

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES