DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2008 Páx. 2.330

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 31 de xaneiro de 2008 pola que se designan os membros do Consello Asesor do Libro.

O artigo 25 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, creou o Consello Asesor do Libro como organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento á Administración autonómica no referente ás políticas relacionadas co sector do libro galego e de fomento da lectura en Galicia. A súa composición e funcionamento regúlanse polo Decreto 178/2007, do 13 de setembro.

O devandito decreto sinala no seu artigo 3 a composición do Consello Asesor do Libro e o procedemento para o nomeamento dos seus vogais.

Procede polo tanto designar os representantes dos diferentes axentes do libro e de fomento da lectura, e das administracións autonómica e local, propostos polas respectivas organizacións, órganos ou institucións.

En consecuencia, en aplicación do disposto nos artigos 3.1º.3 e 6.1º h) do Decreto 178/2007, do 13 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello Asesor do Libro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vogais do Consello Asesor do Libro por un período de catro anos as persoas que a continuación se relacionan:

-En representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como titular Mª José Pérez Mariño e como suplente Cristina Novoa Fernández.

-En representación da Consellería de Innovación e Industria, como titular Ana Mª Rúa Souto e como suplente Sol Mª Vázquez Abeal.

-En representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, como titular Mª Sol López Martínez e como suplente Cristina Rubal González.

-En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, como titular José Luis Armada Castro e como suplente Alberto Iglesias Fraguela.

-En representación do ámbito dos escritores galegos, como titular Cesáreo Sánchez Iglesias e como suplente Fátima Antía Otero Rodríguez.

-En representación do ámbito dos tradutores galegos, como titular Xosé Mª Gómez Clemente e como suplente Dolores Sánchez Palomino.

-En representación do ámbito dos ilustradores galegos, como titular Jesús Blanco Cubeiro e como suplente David Prieto Seijo.

-En representación do ámbito dos editores galegos, como titular Alfonso García Sanmartín e como suplente Francisco Alonso Villaverde.

-En representación do ámbito das artes gráficas galegas, como titular Carlos Docampo Freire e como suplente Jacobo Bermejo Barrera.

-En representación do ámbito dos distribuidores galegos, como titular Manuel Casal Salgado e como suplente José Pillado Martínez.

-En representación do ámbito dos libreiros galegos, como titular Xaime Carlos del Corral Prieto e como suplente Xurxo Patiño Pérez.

-En representación do ámbito dos bibliotecarios galegos, como titular Mª Luz Corral Uzal e como suplente Elena Pernas Lázaro.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte