DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2008 Páx. 2.330

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 30 de xaneiro de 2008 pola que se nomea o presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

O Decreto 198/1998, do 25 de xuño, polo que se constitúe o Comité Galego de Xustiza Deportiva e se establece o procedemento para a designación dos seus membros, sinala no seu artigo 9.3º que unha vez constituído o devandito comité se procederá á elección do presidente por la maioría dos membros. Na reunión do Comité Galego de Xustiza Deportiva celebrada o 29 de xaneiro de 2008 foi elixido por unanimidade como presidente Roberto Pérez López.

De conformidade co establecido no citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva a Roberto Pérez López.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte