DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2008 Páx. 2.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se lles dá publicidade aos convenios subscritos por esta consellería no último cuadrimestre do ano 2007.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2008.

Alberte Souto Souto

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural

Ver referencia pdf "02900D006P069.PDF"