DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2008 Páx. 2.243

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2008, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007 (Diario Oficial de Galicia número 184, do 21 de setembro).

Por medio da Orde do 18 de setembro de 2007, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes convocou subvencións para fomentar as condicións de seguridade, novas tecnoloxías e melloras ambientais.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 11.3º da citada orde, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2008.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes

Ver referencia pdf "02900D002P015.PDF"