DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 08 de febreiro de 2008 Páx. 2.182

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se fai pública a vixencia do Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o sistema de información galego sobre a infección polo virus da inmunodeficiencia humana.

O auto da Sala Terceira (Sección Cuarta) do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, ditado no recurso de casación 4771/2005, interposto polo letrado da Xunta de Galicia contra o auto da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, con sede na Coruña, de data seis de xuño de dous mil cinco, no recurso contencioso-administrativo número 424 de 2004, ditaminou que non procede a suspensión da executividade do Decreto 33/2004.

Tendo en conta o artigo 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e en execución do auto de data 14 de decembro de 2007, da Sala Terceira (Sección Cuarta) do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, dítase esta resolución pola que se fai pública a executividade do Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o sistema de información galego sobre a infección polo virus da inmunodeficiencia humana, o que se comunica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2008.

José Manuel Peña Penabad

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

Ver referencia pdf "02800D003P010.PDF"