DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 07 de febreiro de 2008 Páx. 2.114

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de xaneiro de 2008 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003, DOG do 24 de novembro, fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

O 2 de xaneiro de 2008, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica o nomeamento de Ana Consuelo Fernández Pulpeiro como xerente desta universidade en substitución de Antón Vidal Andión, por acordo do Pleno do Consello Social do 27 de decembro de 2007.

O artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, establece como membro nato do Consello Social, entre outros, o xerente da universidade.

O artigo 7.5º da citada Lei 1/2003 dispón que a condición de membro do Consello Social da universidade se adquire unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desta data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Ana Consuelo Fernández Pulpeiro, xerente da Universidade de Vigo, como membro nato do Consello Social desta universidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "02700D001P006.PDF"