DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 06 de febreiro de 2008 Páx. 2.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL GALEGO DE DEFENSA DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2008 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Tribunal Galego de Defensa da Competencia no último cuadrimestre de 2007.

Para os efectos do previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acordase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados por este organismo autónomo no último cuadrimestre do ano 2007.

Estes convenios relaciónanse no anexo a esta resolución.

Santiago, 18 de xaneiro de 2008.

José Antonio Varela González

Presidente do Tribunal Galego de Defensa

da Competencia

ANEXO

Convenio: convenio de colaboración entre o Tribunal Galego de Defensa da Competencia e a Fundación Universidade da Coruña para a realización dunha xornada sobre enterteiment e competencia: o cine e a televisión ante o reto da defensa da competencia.

Sinatura: 18-1-2007.

Importe: 4.500 €.

Convenio: convenio de colaboración entre o Tribunal Galego de Defensa da Competencia e a Universidade de Vigo para a realización dunha xornada sobre aspectos económicos da política da competencia.

Sinatura: 8-11-2007.

Importe: 5.500 €.