DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 06 de febreiro de 2008 Páx. 2.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 21 de xaneiro de 2008 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras, logo de emitido o o informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, para seren publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitir o preceptivo informe favorable a Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas polos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

*A emigración galega na metade do mundo. Unha historia compartida ao longo de 500 anos: 12 €.

*A planificación lingüística nos centros educativos: 6 €.

*Bibliografía analítica da lingua galega (2004): 9 €.

*Cadernos de Fraseoloxía Galega nº 9: 8 €.

*Cadernos de Fraseoloxía Galega. Anexo I, fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral: 8 €.

*Celestino Fernández de la Vega. Pensador do novo galeguismo: 6 €.

*Galicia en México: 20 €.

*Guía de conversa en galego-francés-alemán: 5 €.

*Guía de conversa en galego-catalán-éuscaro: 5 €.

*Guía de conversa en galego-castelán-inglés: 5 €.

*Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos: 2 €.

*Informe de literatura 2006: 7 €.

*Mundo Gallego (Revista de Galicia en América) (Bos Aires, 1951-1952): 12 €.