DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2008 Páx. 1.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2007 pola que acorda facer público o orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio do ano 2008.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 19 de decembro de 2007, e de conformidade co disposto no artigo 20.1º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, e o artigo 4 c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2008.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, resolve publicar o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 126.824.638,71 euros segundo o detalle anexo.

A Coruña, 20 de decembro de 2007.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña

Ver referencia pdf "02200D008P017.PDF"

Terá preferencia o persoal da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.