DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2008 Páx. 1.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral de Traballo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2007.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación de convenios previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos pola Consellería de Traballo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2008.

José Vázquez Portomeñe

Secretario xeral de Traballo