DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2008 Páx. 1.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 27 de decembro de 2007 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións do Instituto Enerxético de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no se artigo 51, establece as obrigas de que os prezos privados os fixen as consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e de que tales prezos se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento deste mandato legal, e unha vez emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas polo Instituto Enerxético de Galicia que se consignan no anexo desta orde.

2. No prezo atópase incluído o imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2007.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

-Guía para a selección do equipamento e o deseño de edificios con criterios enerxéticos: 16 euros.

-Balance enerxético de Galicia 2005: 10 euros.