DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2008 Páx. 1.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xaneiro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de outubro de 2007, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais e artes plásticas e deseño.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 14, do luns 21 de xaneiro de 2008, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 1.309, columna dereita, onde di: «Orde do 7 de xaneiro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de outubro...», debe dicir: «Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se resolve a convocatoria da do 17 de outubro...».

Na páxina 1.310, columna esquerda, onde di: «Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2008», debe dicir: «Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2007».