DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2008 Páx. 1.734

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2008 pola que se nomea xerente da Universidade de Vigo a Ana Consuelo Fernández Pulpeiro.

Realizados os trámites e recibidos os informes requiridos pola norma estatutaria, e no uso das competencias que me recoñece o artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24), de universidades,

Esta reitoría resolveu nomear a Ana Consuelo Fernández Pulpeiro para o cargo de xerente da Universidade de Vigo con efectos do 15 de xaneiro de 2008.

Vigo, 15 de xaneiro de 2008.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo