DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2008 Páx. 1.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de xaneiro de 2008 pola que se aproba o deslindamento dos montes veciñais en man común da Illa de Arousa no concello da Illa de Arousa (Pontevedra), pertencentes á comunidade de montes do mesmo nome.

Examinado o expediente de deslindamento dos montes veciñais en man común da Illa de Arousa (Pontevedra), pertencentes á comunidade de montes veciñais en man común do mesmo nome, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, mediante Resolución do 23 de febreiro de 1984, declarou como tales os montes da Illa de Arousa, asignando as súas pertenzas á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Illa de Arousa, que pertencía daquela ao concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Segundo.-O 15 de xullo de 2004 aprobouse o desenvolvemento da proposta Asistencia técnica de deslindamento dos montes da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común da Illa de Arousa, Pontevedra.

Terceiro.-No Diario Oficial de Galicia do 16 de novembro de 2004 publicouse un Edicto do 18 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, polo que se anuncia o comezo do deslindamento. Neste edicto establécese como data de incio do apeo o 7 de marzo de 2005, e fixábase o prazo de 45 días naturais para a presentación de documentos por parte dos propietarios afectados. Con data do 17 de novembro de 2004 enviouse notificación aos interesados e estremeiros dos cales se tivera referencia durante os estudos previos de deslindamento.

Cuarto.-O Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra emitiu un informe, o 14 de febreiro de 2005, referente á clasificación dos documentos presentados e o enxeñeiro operador emite informe o 25 de febreiro de 2005, ampliado o 27 de maio, sobre o recoñecemento e clasificación de predios ou dereitos correspondentes aos predios e documentación presentadas. As citadas clasificacións foron aprobadas polo xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais con datas do 28 de febreiro e 21 de xuño de 2005. O 21 de xuño de 2005 solicitouse ao Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa a práctica da anotación preventiva sobre o predio reclamado por Manuel Ardao de acordo aos datos catastrais por el presentados.

Quinto.-O apeo do deslindamento comenzou o 7 de marzo de 2005 consonte co indicado no edicto e concluíu o 23 de xuño de 2005. O 29 de xullo de 2005 o enxeñeiro operador emitiu o seu informe de acordo co artigo 119 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

No DOG do 22 de setembro de 2005 e mediante anuncio, abriuse o período de vista e reclamacións do expediente de deslindamento, remitíndose o dito anuncio á comunidade afectada e a aqueles estremeiros e interesados dos cales se tiña coñecemento.

Unha vez foron recibidas as reclamacións presentadas durante o período de vista, o 10 de xaneiro de 2006 remitiuse o informe do letrado do Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra á comunidade afectada para que manifestase a súa conformidade ou desconformidade con esta. O 25 de xaneiro de 2006 recibiuse escrito de Juan Jesús Diz Besada, presidente da Comunidade de Montes en Man Común da Illa de Arousa, que se opón ás reclamacións presentadas por Manuel Ardao Tafall e Ramón González Barreiro, e acepta a formulada por Benito Dios Oubiña en representación de Agripina Oubiña Leiro e catro máis.

Finalmente, o 26 de maio de 2006, o xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra remite o expediente, xunto co seu informe-proposta, á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais que emite informe favorable no senso proposto polo xefe do servizo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-De acordo co disposto nos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza, no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, o conselleiro de Medio Rural é competente para ditar esta orde.

Segundo.-O Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra é competente para levar adiante o dito deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais en canto á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos nos artigos 82 ao 125 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Terceiro.-As resolucións do xurado provincial de montes veciñais en man común atribúen a propiedade as comunidades veciñais mentres non exista sentenza firme en contra ditada pola xurisdición ordinaria segundo determina o artigo 30 do Decreto 262/1992.

En consecuencia, o que o enxeñeiro operador tivo en conta, ao facer o apeo e a proposta, foi a resolución do xurado provincial do 23 de febreiro de 1984.

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe-proposta do xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais,

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar o deslindamento dos montes veciñais en man común da Illa de Arousa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Illa de Arousa (Pontevedra), de acordo coas actas, rexistros topográficos e planos que figuran no expediente, quedando os montes coas seguintes descricións:

Provincia: Pontevedra.

Nome: montes da Illa de Arousa.

Concello: A Illa de Arousa.

Pertenza: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Illa de Arousa.

Lindes:

* Parcela Campelo.

N e L: dominio público marítimo terrestre.

S e O: propietarios particulares.

* Parcela Palmeiras.

N e L: propietarios particulares.

S: dominio público marítimo terrestre e propietarios particulares.

O: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela Con do Forno.

A todos os ventos: propietarios particulares

* Parcela Braña da Veiga.

N: propietarios particulares.

L e S: dominio público marítimo terrestre.

O: propietarios particulares

* Parcela Braña da Veiga.

N: propietarios particulares.

L e S: dominio público marítimo terrestre.

O: propietarios particulares.

* Parcela O Riazón.

N: propietarios particulares.

L e S: dominio público marítimo terrestre.

O: propietarios particulares.

* Parcela Pedrouzos e Formigas.

N, L e S: propietarios particulares.

O: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Vao.

N: propietarios particulares.

L: dominio público marítimo terrestre.

S e O: propietarios particulares.

* Parcela O Mallón O.

N e L: propietarios particulares.

S e O: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Mallón E.

A todos os ventos: propietarios particulares.

* Parcela Quilma e Espiñeiro.

N, L e S: propietarios particulares.

O: dominio público marítimo terrestre

* Parcela Salinas.

N, L e S: propietarios particulares.

O: dominio público marítimo terrestre.

* Parcelas O Carreirón NE, NO, Centro e S.

A todos os ventos: dominio público marítimo terrestre.

Descrición de lindeiros:

-Perímetro exterior.

Incorpórase ao expediente un segundo xogo de planos, planos do deslindamento dos montes veciñais da Illa de Arousa que recollen a liña definitiva do deslindamento. As coordenadas dos marcos figuran na epígrafe denominada Rexistro Topográfico do expediente do deslindamento.

* Parcela Campelo.

O lindeiro norte iníciase no marco 223 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, progresando o lindeiro norte e leste de acordo cos marcos desta liña ata alcanzar o número 236 ao sur da parcela. Estremeiros no lindeiro norte e leste, dominio público marítimo terrestre. Desde este último punto progresa en tramos alternativos cara ao norte e oeste ascendendo desde o marco 164 ao 174. Desde este último marco volve a desprazarse en dirección leste descendendo ata alcanzar, no marco 177, camiño que bordea o límite da zona de dominio público marítimo terrestre, que abandona no marco 179 para volver a ascender en dirección oeste ata 183.

Volve a descender en dirección oeste ata alcanzar camiño no marco 190, progresando a continuación en dirección sur ata 194. Desde alí desprázase primeiro en dirección oeste, ao marco 140 e logo en dirección norte ata alcanzar o marco 144 ao outro lado do camiño antes citado, que segue ata o marco 146, desde onde progresa en dirección oeste ata o marco 148 e logo ao marco 223, onde cerra deslindamento.

Estremeiros dos lindeiros sur e oeste: Francisco Ramos, Inmobiliaria Marlin, viúva de Antonio Romay, Ana María Suárez Nieto, hros. de Benito Millán e outros.

* Parcela Palmeiras.

O lindeiro norte iníciase no marco 202 da liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre, desde alí avanza en dirección sueste ata o marco nº 1 e progresa en dirección leste ata o marco nº 15. Neste lindeiro: herdeiros de José María Otero, Amadeo Vázquez, José María Otero, Jesús Rial e outros.

O lindeiro leste iníciase no marco 15, desprazándose en dirección sur ata o marco 21, seguindo aliñación marcada por muros, logo segue en dirección oeste ata o marco 27, desde alí volve desprazarse en dirección sur, primeiro ascendendo ata punto de cota máxima, que alcanza no marco 31 e logo descendendo coa mesma orientación ata o marco 33. Desde alí cambia de dirección cara ao leste ata o marco 36, desprazándose de novo para ascender ata alcanzar o marco 39 en proximidades da estrada.

Cambia de dirección ao sudoeste pasando en contacto co encravado A ata alcanzar o marco 42, onde de novo segue cara ao oeste ata o marco 45, cambiando alí a dirección de progreso cara ao sur ata o marco 47, onde de novo xira cara ao este en dirección ascendente ata o marco 51.

Alí comeza a descender, tamén en dirección leste, ata o marco 56. Neste punto xira cara ao sur ata o marco 58, onde de novo xira cara ao oeste ata o marco 62, desde alí descenden en dirección sur primeiro e logo oeste ata alcanzar o marco 64 en proximidades de camiño, que segue avanzando cara ao sueste ata o marco 70.

De novo progresa en dirección leste, cruzando estrada asfaltada ata alcanzar o marco 78, situado de novo en proximidades de estrada asfaltada. Desde el avanza en dirección sur, ao longo da dita estrada, ata o marco 80, cruzando a estrada en dirección sur ata o marco 81. Desde este marco ata o 85 rodea almacén da C.M.V.M.C. da Illa da Arousa.

Desde alí avanza en dirección sur ata alcanzar a liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre no marco 166.

Estremeiros no lindeiro leste: herdeiros de Manuel Fariña, Inmobiliaria Marlín, hros. de Adelaida Aboal, hros. de Elisa Bóveda, Elvira Patón, hros. de Dolores García Toval, hros. de José Mouriño, Lucinda Leiro, Pilar Cores, hros. de Nieto, Inmobiliaria Marli, hros. de Nieto, Lucinda Leiro, Francisco Nime Rial, hros. de José Mouriño, Merino Boullosa, Juan Otero Dios, Lucinda Leiro, Manuel Otero Otero, Ricardo Patón, Ana Suárez Nieto, Salvador Otero Dios, Juan Diz Otero, Francisco Ríos, Manuel Suárez Nieto, José Núñez Barro, María del Carmen Oubiña Bóveda, Rosa Bóveda, Lina Bóveda e outros.

O lindeiro sur segue a liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre desde o marco 166 ao 170, onde xira en dirección norte, bordoando cesión a instalacións deportivas, ata alcanzar o marco 103 no Camiño Real a Posta, que segue en dirección oeste ata o marco 104 onde cambia dirección cara ao sur ata alcanzar de novo a liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre no marco 175.

Estremeiros no lindeiro sur: Francisco Dios, José Manuel Dios, Industrias Pescadona, Silverio Cañón e outros.

O lindeiro oeste segue en todo o seu trazado a liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre desde o marco 175 ao marco 202.

Estremeiro no lindeiro oeste dominio público marítimo terrestre.

* Parcela Con do Forno.

Inicia o seu lindeiro norte no marco 198, avanzando en dirección leste ata o 202 sendo os estremeiros neste tramo descoñecidos. Desde este marco avanza en dirección sur ata o 204, determinando o lindeiro leste, con estremeiros descoñecidos.

O lindeiro sur esténdese desde o marco 204 ata o 207 e deste ao 195 e logo ao 196, sendo os estremeiros descoñecidos.

O lindeiro oeste delimítase polos marcos 196 a 198, sendo estremeiros Norberto Crespo e outros.

* Parcela Braña da Veiga S.

O lindeiro norte iníciase no marco 598 progresando ata o marco 600 e del ao marco 69 da liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre, sendo os estremeiros M. Otero, Jesús Besada, José María Suárez e outros.

Os lindeiros leste e sur aparecen delimitados pola liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre desde o marco 69 ao 73. Lindeiro: dominio público marítimo terrestre.

O lindeiro oeste vai do marco 73 da liña do deslindamento do dominio público marítimo terrestre ao marco 598, con lindeiros descoñecidos.

* Parcela Braña da Veiga N.

O seu lindeiro norte defínese pola liña que une o marco 612 co marco 53 do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, avanzando ao longo de camiño de servizo con lindeiros descoñecidos.

Os lindeiros leste e sur están definidos pola liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre desde o marco 53 ata o marco 68, sendo lindeiro o dominio público marítimo terrestre.

O lindeiro oeste iníciase coa liña que une o marco 68 co marco 602 continuando pola liña que une os marcos do 602 ao 612, bordoando pista de servizo e muros, sendo lindeiros Teresa Dios Padre e outros.

* Parcela O Riazón.

O seu lindeiro norte iníciase no marco 585, progresando en dirección leste ata o 586, seguindo aliñacións de muro e cruzando estrada asfaltada. Desde alí continúa ata o marco 82 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre. Lindeiros, Manuel Mougás e outros.

O lindeiro leste e sur aparece determinado pola liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre entre os seus marcos 82 a 84. Lindeiro dominio público marítimo terrestre.

O lindeiro oeste iníciase no marco 84 do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, continúa ao marco 583 e deste ata o marco 585, lindeiro descoñecidos.

* Parcela Pedrouzos e Formigas.

O seu lindeiro norte iníciase no marco 41 da liña do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, desde el avanza ata o marco 307 e desde este ao 311 seguindo dirección xeral sur segundo aliñacións de muro.

Entre o 311 e o 312 cambia de dirección cara ao leste seguindo aliñación de muro e desde este último volve avanzar en dirección norte ata o 314.

Desde este marco avanza ao marco 42 e logo ao 43 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, onde volve cambiar de dirección cara ao sur ata o marco 209 e del ao 210, onde cambia de novo de dirección cara ao leste ata o marco 214 bordeando camiño. Desde este último marco avanza en dirección norte segundo bordo de estrada e liña de deslindamento establecida polo Concello de Vilanova de Arousa ata acadar o marco 221, onde de novo cambia a dirección cara sueste ata alcanzar o marco 223.

Desde el vai en dirección sur ao marco 224, de novo cara ao sueste ata o 226, de alí cara ao norte ata o 229, despois cara ao sueste ata o 231, onde alcanza pista asfaltada que segue en dirección xeral sur ata o marco 239, onde xira cara ao leste ata o 241, desvíase cara ao norte ata o 242 e alí de novo cara ao leste ata o 243.

Estremeiros neste lindeiro: dominio público marítimo terrestre, Dolores García, dominio público marítimo terrestre, Ángel Viñas, Valerio Rial Cañón e outros.

O lindeiro oeste iníciase no marco 243, avanza cara ao sur ata o marco 251 onde cambia dirección ao leste ata o marco 252, situado a bordo de pista. Desde el avanza en dirección sudoeste ata o marco 256.

Lindeiros: Ángel Filgueira Lijó e outros.

O lindeiro sur comeza no marco 256, avanzando en dirección noroeste ata alcanzar estrada asfaltada no marco 262, seguindo aliñacións definidas por muros.

Desde alí cambia a dirección norte ata o marco 263, desde este en dirección oeste ata o 264 onde xira en dirección norte ata o marco 268. Desde el xira para avanzar en dirección sur ata o marco 275, onde de novo cambia de dirección cara ao oeste ata o 277, desde onde avanza en dirección norte ata o 285. Neste marco xira en dirección oeste ata o 286 onde acada estrada asfaltada e xira en dirección norte ata o 288 situado na encrucillada co camiño Espiñeiro.

Segue o bordo sur deste camiño en dirección oeste ata o marco 291, onde xira cara ao sur avanzando ata o marco 297 sobre estrada asfaltada, alcanzando o marco 32 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre avanzando na mesma dirección.

Lindeiros: Francisco Otero, Emilio Páez, Juan Jesús Diz Besada, hdros. de Demetrio Ramos, depuradora de Sochar e outros.

O lindeiro oeste segue a liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre desde o marco 32 ao 41 sendo lindeiro nel o dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Vao.

Inicia o lindeiro norte do marco 346, desde onde avanza en dirección sueste ata o 348. Desde alí avanza na mesma dirección ata alcanzar o marco 110-A do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, estremeiros Narciso Suárez.

O lindeiro leste segue a liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre do marco 110-A ao marco 342’, sendo lindeiro neste tramo o dominio público marítimo terrestre.

O lindeiro sur avanza desde o marco 342’ aota o 344 estremando coa estrada PO-307.

O lindeiro oeste avanza desde o marco 344 ata o 346 con lindeiros descoñecidos.

* Parcela O Mallón O.

Iníciase o lindeiro leste no marco 575, situado sobre a liña do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre entre os seus marcos 26 e 27, desde este último marco avanza en dirección sur ata o marco 576, 577 e 578 e logo ao marco 23 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, seguindo aliñación de muros e sendo os lindeiros descoñecidos.

O lindeiro sur, oeste e norte iníciase no marco 23 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre progresando ata o marco 26 e deste, seguindo a mesma liña, únese ao marco 575.

Lindeiro nestes límites Zona de dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Mallón E.

Iníciase o seu lindeiro norte no marco 564, de alí avanza seguindo aliñación de muros ata o marco 567, sendo estremeiros neste tramo Francisco Otero e outros.

O lindeiro leste queda definido polos marcos 567 a 569, seguindo aliñacións de muros e estrada, con estremeiros descoñecidos.

O lindeiro sur vai do marco 569 ao 562, sendo os estremeiros descoñecidos.

O lindeiro oeste defínese polos marcos 562 ao 564, con aliñacións marcadas por muros, con estremeiros descoñecidos.

* Parcela Quilma e Espiñeiro.

Inicia o seu lindeiro norte no marco 402 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre; desde este punto avanza en dirección leste ata alcanzar o marco 535, onde cambia de dirección a sur ata o marco 537.

Desde alí avanza en dirección nordés, seguindo aliñacións marcadas por muros, a bordo de estrada ata alcanzar o marco 551; desde este punto enlaza co marco nº 8 do deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, liña que segue ata o marco nº 13 inclusive. Desde este último marco desprázase en dirección leste ata o marco 558 e desde el en dirección noroeste ata o 561. Desde o marco 561 cruza estrada e desprázase en dirección leste ata o marco 474 e de alí ao 476 en dirección sueste.

Lindeiros neste tramo: Juan Jesús Diz, Otilia Nine, dominio público marítimo terrestre e outros.

O lindeiro leste iníciase no marco 476 situado en proximidades de estrada asfaltada, de alí desprázase seguindo a aliñación marcada por esta estrada en dirección sur ata o marco 481, onde cambia a súa dirección cara ao oeste primeiro e logo cara ao sudoeste ata alcanzar de novo estrada asfaltada no marco 489. Desde el segue a aliñación definida por esta estrada ata o marco 504. Son estremeiros neste tramo Javier Lorenzo, Manuel Suárez e outros.

O lindeiro sur iníciase no marco 504 avanzando cara ao norte ata o marco 507, seguindo muros; neste punto xira cara ao oeste ata o marco 509 seguindo así mesmo aliñación de muros. Desde este marco avanza en dirección nordés ata o marco 513, onde alcanza estrada asfaltada.

Desde o marco 513 ata o 522 progresa primeiro en dirección oeste, logo xira en dirección sur avanzando ao longo da citada estrada. Desde este último marco móvese en dirección sudoeste para alcanzar o marco 369 da liña de deslindamento do dominio público marítimo terrestre, liña que segue ata o marco 376.

Estremeiros neste tramo: Lina Aio, Juan Jesús Diz, Manuel Besada Cores, dominio público marítimo terrestre e outros.

O lindeiro oeste iníciase no marco 376 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, liña que segue ata o marco 402. Estremeiro, dominio público marítimo terrestre.

* Parcela Salinas.

Inicia o seu lindeiro norte no marco 281 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, avanzando en dirección noroeste ata o marco 285, sendo estremeiro nesta linde a zona de dominio público marítimo terrestre.

O lindeiro leste iníciase no marco 285, desprazándose en dirección sur ata o marco 466 e de alí ao 468 na mesma dirección. Lindeiros descoñecidos.

O seu lindeiro sur iníciase no marco 468, segue ao 469 e progresa en dirección oeste ata o marco 270 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre,

Lindeiros neste tramo: Demetrio Ramos, Elisa Iglesias, Juan Jesús Diz e outros.

O seu lindeiro oeste iníciase no marco 270 da liña de deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, avanzando en dirección norte ata o marco 281 da mesma liña.

Lindeiro: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Carreirón NO.

A parcela O Carreirón noroeste atópase limitada a todos os ventos polo deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, marcos 323’ ao 341’ ambos inclusive.

Lindeiro a todos os ventos: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Carreirón NE.

A parcela O Carreirón nordés atópase limitada a todos os ventos polo deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, marcos 306’ ao 322’ ambos inclusive.

Lindeiro a todos os ventos: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Carreirón centro.

A parcela O Carreirón centro atópase limitada a todos os ventos polo deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, marcos 1’ ao 279’ aombos inclusive. Lindeiro a todos os ventos: dominio público marítimo terrestre.

* Parcela O Carreirón S.

A parcela O Carreirón sur atópase limitada a todos os ventos polo deslindamento da zona de dominio público marítimo terrestre, marcos 280’ ao 305’ ambos inclusive. Lindeiro a todos os ventos: dominio público marítimo terrestre.

Encravados:

-Encravado A, denominado A Bandeira (localizado na parcela Palmeira).

Descríbese o seu perímetro comezando no marco A1, situado nas proximidades do marco 38. Desde este marco avanza en dirección oeste ata o marco A5 seguindo aliñación marcada por muro. Desde o marco A5 ao marco A8 progresa en dirección sudoeste seguindo aliñación marcada por senda. Do marco A8 ao marco A11 avanza en dirección leste ao longo de senda. Do marco A11 ao marco A15 avanza en dirección norte seguindo aliñación de pista e muros. Desde este último marco cerra co marco A1.

Propietarios non coñecidos.

-Encravado B (localizado na parcela Pedrouzos e Formigas).

Descríbese o seu perímetro comezando no marco B1’ o extremo sur deste encravado. Desde este marco avanza en dirección leste ao marco B1 e del na mesma dirección ao marco B2. Entre o marco B2 e o marco B3 a liña oriéntase en dirección norte. Do marco B3 ao marco B4 avanza en dirección oeste e leste, seguindo a mesma dirección ao marco B4’. Do marco B4’ cerra perímetro co marco B1’.

Propietarios: Benito Dios Oubiña, Matilde Leiro González, Esperanza Suárez Leiro e Nieves Leiro, Esperanza Suárez Leiro, Agripina Oubiña Leiro e Áurea Blanco Leiro.

Cabidas:

Parcela Campelo. Cabida: 3,76 ha.

Parcela Palmeiras. Cabida: 44,27 ha.

Parcela Con do Forno. Cabida: 1,17 ha.

Parcela Braña da Veiga N. Cabida: 0,3 ha.

Parcela Braña da Veiga S. Cabida: 0,03 ha.

Parcela O Riazón. Cabida: 0,12 ha.

Parcela Pedrouzos e Formigas. Cabida: 7,37 ha.

Parcela O Vao. Cabida: 0,17 ha.

Parcela O Mallón O. Cabida: 0,25 ha.

Parcela O Mallón E. Cabida: 0,23 ha.

Parcela Quilma e Espiñeiro. Cabida: 4,10 ha.

Parcela Salinas. Cabida: 0,48 ha.

Parcela O Carreirón NE. Cabida: 0,31 ha.

* Parcela O Carreirón NO. Cabida: 0,49 ha.

* Parcela O Carreirón Centro. Cabida: 36,3 ha.

* Parcela O Carreirón S. Cabida: 1,30 ha.

Cabida de encravados:

Cabida encravado A: 16.600 m².

Cabida encravado B: 1.027 m².

Cabida total: 100,65 ha.

Servidumes:

As parcelas Palmeira, Con do Forno, Campelo, Pedrouzo e Formigas, O Vao, O Riazón, Quilma e Espiñeiro, Salinas e O Carreirón atópanse atravesadas por camiños e pistas de servizo. As parcelas Palmeira, Con do Forno, Pedrouzo e Formigas e O Riazón atópanse atravesadas por tendidos eléctricos de media e baixa tensión. Na parcela Campelo localízase unha ocupación denunciada pola C.M.V.M.C. da Illa de Arousa.

Na parcela Palmeiras localízanse cesións a: vivenda, instalacións deportivas, antena de telefonía móbil, IGAFA (Xunta de Galicia), depuradora de augas e casa de oficios.

Na parcela O Riazón localízase ocupación por taller.

Na parcela Quilma e Espiñeiro localízase cesión a criadeiro de moluscos.

Segundo.-Que se deneguen as reclamacións formuladas no período de vista do expediente por Manuel Ardao, Pescadona, S.A. e Juan Jesús Diz Besada, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Illa de Arousa, declarándose esgotada a vía administrativa e expedita a xudicial-civil.

Terceiro.-Que se recoñezan como posuídos por particulares os encravados A e B de acordo á descrición realizada na proposta primeira polos seguintes propietarios:

Encravado A: propietarios descoñecidos.

Encravado B: Benito Dios Oubiña, Matilde Leiro González, Esperanza Suárez Leiro e Nieves Leiro, Esperanza Suárez Leiro, Agripina Oubiña Leiro e Áurea Blanco Leiro.

Cuarto.-Que se notifiquen os novos datos resultantes da descrición do monte ao Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

Quinto.-Que se matricule o monte coas características resultantes no Rexistro da Propiedade.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural