DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2008 Páx. 1.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2008 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de abril de 2007 pola que se convocaban axudas a entidades de interese colectivo.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 18 da Orde do 23 de abril de 2007 pola que se convocan axudas a entidades de interese colectivo, procédese á publicación das axudas concedidas ao abeiro da citada orde.

Finalidade da axuda: realización de actividades de fomento e promoción da organización sectorial e de formación dos asociados das entidades de interese colectivo de ámbito provincial, autonómico ou nacional, con implantación en Galicia.

Norma reguladora: Orde do 23 de abril de 2007 pola que se convocan axudas a entidades de interese colectivo (DOG nº 83, do 30 de abril).

Aplicación orzamentaria: 14.01.721A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

Crédito orzamentario: 413.206,30 euros.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2008.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

Ver referencia pdf "01600D002P011.PDF"