DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2008 Páx. 672

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 1/2008, do 10 de xaneiro, polo que se dispón que cese Ana Consuelo Fernández Pulpeiro como directora xeral da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ana Consuelo Fernández Pulpeiro como directora xeral da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE