DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2008 Páx. 534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2007 pola que se resolve a convocatoria da II edición dos premios á calidade dos materiais didácticos, orientados a distinguir os mellores materiais didácticos no eido da formación do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, en soporte impreso, multimedia e en liña.

Por Resolución do 11 de xullo de 2007 (DOG nº 138, do 17 de xullo) a Escola Galega de Administración Pública convocou a II edición dos premios á calidade dos materiais didácticos, orientados a distinguir os mellores materiais didácticos no eido da formación do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, en soporte impreso, multimedia e en liña.

Vista a proposta formulada por un xurado e de conformidade coa base sexta da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder os premios á calidade dos materiais didácticos do ano 2007, na súa segunda edición aos traballos e autores que de seguido se relacionan, segundo a modalidade respectiva:

* Modalidade A: material didáctico en soporte impreso.

-Declarado deserto.

* Modalidade B: material didáctico en soporte multimedia.

-Declarado deserto.

Accésit:

-Curso de xestión por indicadores: cadro de mandos, cuxos autores son Eva Pérez Ansede e Modesto Rouco Vilar.

* Modalidade C: material didáctico en liña.

-Traballo premiado: Expedientes de rexistro civil, cuxos autores son José Jaime Meilán Rois e Roberto Rocha Freire.

Segundo.-O importe destes premios aboarase con cargo á dotación prevista na partida 06.80.122B.480.0 dos orzamentos da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2007.

Terceiro.-A composición nominal do xurado foi a seguinte:

Presidente: Javier Corrales Piquero, secretario da Escola Galega de Administración Pública.

Vogais: Mª Jesús Fernández Díaz, xefa do Servizo de Asuntos Xerais e Publicacións da Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa da Consellería de Traballo; Pilar Couto Cantero, profesora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña; e, Juan Méndez Dónega, director da Aula de Produtos Lácteos (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Pilar Romero Rodríguez, xefa do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións da Escola Galega de Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta resolución e dos actos administrativos derivados dela, que poñen fin á vía administrativa, só se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo do potestativo recurso de reposición previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2007.

P.D. (Resolución 5-5-1992)

Javier Corrales Piquero

Secretario da Escola Galega de Administración Pública