DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2008 Páx. 534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 13 de decembro de 2007 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para paliar os danos producidos polo xabarín convocadas pola Orde do 9 de abril de 2007.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convocou para o ano 2007 axudas para paliar os danos producidos polo xabarín mediante a Orde do 9 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 18 de abril).

Na disposición adicional primera da orde detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das axudas. Esta disposición prevé expresamente a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria contida na referida orde, polo que, tendo en conta que o número de solicitudes presentadas superou as previsións realizadas por esta consellería, procede ampliar a dotación orzamentaria consinada inicialmente.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e da Lei 1/1983, do 22 de febrero, reguladora da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na orde desta consellería do 9 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 18 de abril), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2007 axudas para paliar os danos do xabarín.

2. O incremento da dotación será de 278.312,20 euros para a anualidade 2007, con cargo á aplicación orzamentaria 2007.15.02.541B.470.1.

3. En todo caso, a concesión das axudas establecidas na devandita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Única.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación das solicitudes de axuda na devandita Orde do 9 de abril de 2007.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2007.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento

Sostible