DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2008 Páx. 529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2007 pola que se conceden as axudas para o ano 2007 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación (programa I3) da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro convocadas na Orde do 21 de novembro de 2007.

A orde da Consellería de Innovación e Industria do 26 de xaneiro de 2006 (DOG nº 24, do 3 de febreiro) aproba as bases reguladoras da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación (programa I3) da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro. Por orde da Consellería de Innovación e Industria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro), abriuse o prazo de solicitudes para o ano 2007 da liña de incorporación estable do Programa de incentivación da incorporación e intensificación (programa I3) da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro.

Conforme o disposto no artigo 9 da orde de bases reguladoras (DOG nº 24, do 3 de febreiro de 2006) e no artigo 11 da orde de convocatoria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro), a comisión de avaliación procedeu á revisión das solicitudes.

Tendo en consideración que o número de candidatos propostos (9) que cumpren os requisitos establecidos no artigo 2 da orde de convocatoria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro) é inferior ao número de axudas convocadas (14), e á vista da proposta elaborada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, esta Consellería de Innovación e Industria

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas correspondentes ao Programa de incentivación da incorporación e intensificación (programa I3) da actividade investigadora na Comunidade Autónoma de Galicia con destino aos centros de I+D sen ánimo de lucro, ás universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que ofertan postos de traballo de carácter permanente, que se cubrisen mediante contrato ou nomeamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006 por investigadores ou profesores-investigadores cunhas retribucións non inferiores ás dun profesor/a titular de universidade ou categoría equivalente nos organismos públicos de investigación e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2 da orde de convocatoria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro), que a seguir se

relacionan:

Terceiro.-O pagamento das axudas pola Consellería de Innovación e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no artigo 15 da orde da Consellería de Innovación e Industria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro).

Cuarto.-A inobservancia por parte dos solicitantes beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 21 de novembro de 2007 (DOG nº 231, do 29 de novembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006,

DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "00700D006P009.PDF"

Segundo.-As 9 axudas concedidas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2007, 2008 e 2009, de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "00700D006P009.PDF"