DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2008 Páx. 49

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se determinan os factores de conversión de metros cúbicos a quilogramos nas facturas de contadores de gas propano canalizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

A normativa vixente que establece o prezo do gas propano canalizado fíxao en euros/quilogramo (€/kg).

Non obstante, a medición do gas consumido realízase por contador en metros cúbicos (m³), polo que se fai necesaria a utilización dun factor de conversión de m³ a kg, sendo esta en función da densidade do gas, das presións atmosférica e relativa do gas e da temperatura.

Para o cálculo dos factores de conversión considerouse a presión atmosférica como factor suficientemente relevante, establecendo para iso tres rangos de altitude sobre o nivel do mar, en metros.

En base ao anteriormente sinalado e de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar os factores de conversión de metros cúbicos a quilogramos nas lecturas de contadores de consumo doméstico de gas propano canalizado para a presión de 150 gramos/centímetro cadrado (g/cm²) que quedan establecidos nas seguintes contías:

Ver referencia pdf "00100D010P049.PDF"

Segundo.-Publicar esta resolución para xeral coñecemento no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2007.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas