DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2008 Páx. 32

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de decembro de 2007 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar o funcionamento das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, establece que desde a Xunta de Galicia deberá favorecerse o desenvolvemento das asociacións que se constitúan para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños dos concellos de Galicia, tendo as asociacións que se constitúan con esta finalidade a consideración de entidades de participación cidadá e, xa que logo, erixíndose nun dos elementos clave de vertebración da política e da vida local dos concellos galegos.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no marco da súa liña de colaboración coa Administración local para contribuír a mellorar a calidade da vida local, e pretendendo estimular, ao mesmo tempo, a dinamización da vida interna das asociacións, na procura de ámbitos de convivencia colectiva, de harmonización social e de potenciación dos valores e finalidades socioculturais destas entidades, regula, por medio desta orde, os requisitos e o procedemento que se seguirá para a concesión de axudas económicas destinadas á realización de actividades que redunden na mellora da vida local.

Esta orde estará sometida ao regulado na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001. Ao abeiro desta orde o crédito previsto no artigo 2º da orde queda sometido á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente, no exercicio 2008, para financiar as obrigas derivadas deste acordo.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo1º.-Obxecto e beneficiarios.

1. Convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, en diante entidades, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2008 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento.

2. Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, non sendo consideradas as solicitudes das entidades non inscritas e coa totalidade dos seus datos actualizados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 2º.-Crédito.

As subvencións que se regulan ao abeiro desta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 06.08.481.1, programa 141A, ata unha contía máxima de oitenta mil euros (80.000 €), correspondente aos orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o 2008, de acordo co proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2008, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de outubro de 2007, acordándose a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

A axuda económica que se conceda poderá acadar, como máximo, o 90% do total do orzamento presentado.

Artigo 3º.-Iniciación.

1. As entidades que desexen acollerse aos beneficios desta orde elevarán petición, por medio de instancia dirixida ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o modelo que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no da propia consellería ou por calquera dos medios a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. A entidade peticionaria xuntaralle á solicitude a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.

b) Programación da actividade que se pretende realizar con mención das persoas beneficiadas directa ou indirectamente pola axuda e o calendario fixado.

c) Relación de actividades realizadas durante o último ano.

d) Orzamento detallado das actividades ou gastos para os que se solicita subvención.

e) Orzamento da entidade para o ano que corre. (ingresos e gastos).

f) Nome das asociacións de veciños/federacións que forman parte da entidade.

g) Certificación do acordo asembleario en que se aproba participar nesta convocatoria de subvencións e do nomeamento do representante para as súas relacións coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

h) Declaración do representante de non estar a entidade incursa en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria.

i) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo II desta orde).

Se algunha documentación das solicitadas neste artigo xa constase en poder da Dirección Xeral de Administración Local desta consellería, e non se producise desde o momento en que foron presentadas variación que afectase o contido ou a vixencia desta, non será necesario achegalas novamente, sen prexuízo de que esta dirección xeral lle reclame ao solicitante a documentación que, se é o caso, considere oportuna.

A inscrición da entidade no Rexistro de Asociacións será verificada de oficio por parte dos correspondentes servizos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

3. O defecto na solicitude seralles notificado aos interesados pola Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendar os erros ou omisións. Transcorrido este prazo, se non se producise esta emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º.-Instrución e resolución.

1. Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, remitiranse á Dirección Xeral de Administración Local como órgano instrutor, que as enviará e serán analizadas por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración Local e da que formarán parte os/as delegados/as provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Actuará como secretario o subdirector xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, ou un funcionario da devandita dirección xeral con nivel mínimo de xefe de servizo.

2. Unha vez elaborada a correspondente proposta mediante acta motivada, elevarase á directora xeral, quen elevará a proposta de resolución ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quen resolverá.

Artigo 5º.-Criterios de avaliación.

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias teranse en conta os seguintes aspectos, e de acordo coas porcentaxes sinaladas a seguir:

1. Interese do proxecto da actividade que se propón (30%).

2. Número de asociacións de veciños confederadas, federadas ou agrupadas que integran a entidade solicitante, así como o seu ámbito de actuación e o número total de asociados (30%).

3. Número e características das actividades desenvolvidas polo peticionario durante o último ano (30%).

4. Proxectos que fomenten actividades de voluntariado (10%).

Artigo 6º.-Notificación.

1. A resolución notificaráselles a todos os beneficiarios da subvención, na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Conforme o disposto no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non notificarse resolución no prazo de catro meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. Todo iso sen prexuízo do establecido nos artigos 42 e 43 da citada lei.

2. Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. As subvencións concedidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

4. Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre e cando non se cause prexuízo a terceiro.

Artigo 7º.-Aceptación.

1. A entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación das condicións contidas nela.

2. Transcorrido o prazo sen que se producise manifestación expresa, se entenderá tacitamente aceptada.

3. Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Sen embargo, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 8º.-Libramento de fondos.

1. As entidades destinatarias da subvención, unha vez aceptada esta, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Administración Local poderá comprobar, cando o considere conveniente, o cumprimento da finalidade da axuda.

2. Para o cobramento da subvención para a realización de actividades que xeren gastos correntes, as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

a) Facturas orixinais ou copias compulsadas delas.

No caso de gastos de persoal, poderán achegarse como xustificante, tanto as nóminas acreditativas do pagamento, como os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais.

b) Certificación dos gastos realizados expedida polo secretario da entidade co visto e prace do seu presidente.

c) Xustificante do pagamento.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, para unha mesma programación das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

3. O prazo de remisión destes xustificantes remata o día 15 de outubro de 2008. A Dirección Xeral de Administración Local, de atopar conforme a documentación xustificativa, proporá o libramento de fondos; que en ningún caso superará o 90% do importe dos xustificantes presentados.

4. A entidade beneficiaria ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

5. As cantidades que resultasen sobrantes por causa de renuncia ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias poderán dedicarse a subvencionar outras entidades que presentaron solicitude de subvención ao abeiro desta orde.

6. Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado as correspondentes xustificacións entenderase que a entidade renuncia á subvención, podendo esta consellería utilizar o devandito crédito en beneficio doutros posibles beneficiarios.

Artigo 9º.-Modificación das resolucións de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10º.-Concorrencia de axudas e subvencións públicas.

Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Non obstante, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 11º.-Incumprimento de obrigas.

No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 la Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en todo caso, nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei, o concello comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 12º.-Publicidade das subvencións concedidas.

As subvencións concedidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario á cal se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

Así mesmo, publicaranse na páxina web oficial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos termos previstos no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Do mesmo xeito se integrarán, na forma que se estableza regulamentariamente, no Rexistro de Axudas e Subvencións, que será de acceso público.

Disposición adicional

Única.-Esta orde estará sometida ao regulado na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda de 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, estando condicionada a concesión das axudas á aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime e axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, naquilo que non resulte derrogado pola normativa anteriormente citada.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "00100D005P032.PDF"

, de de 200

Ver referencia pdf "00100D006P037.PDF"