DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2007 Páx. 20.523

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PARLAMENTO DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia número 248, do 26 de decembro de 2007, publicouse o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Advertido un erro por omisión na exposición de motivos (páxina 20.190), débese engadir como último parágrafo o seguinte texto:

«Polo exposto, a Comisión de Regulamento do Parlamento de Galicia, actuando con competencia lexislativa plena, aprobou o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia».