DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2007 Páx. 20.359

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 20 de decembro de 2007 pola que se nomean vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a designación dos vogais dos consellos de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral, será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás que representen aqueles.

Polo exposto, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Nomear, como vogais, en representación da Xunta de Galicia, nos consellos de Administración das autoridades portuarias, as seguintes persoas:

-Na Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:

Manuel Morato Miguel

Luís Vázquez Rodríguez.

-Na Autoridade Portuaria da Coruña:

Jacinto Parga Fernández.

-Na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

Jacinto Parga Fernández.

Manuel Morato Miguel.

-Na Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra:

José Manuel González Martínez.

María Isabel Domínguez Quintás.

-Na Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría:

Pierre Ianni.

Ramón Saúl Lueje Espina.

José Carlos Álvarez Villamarín.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes