DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2007 Páx. 20.358

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 20 de decembro de 2007 pola que se dispón o cesamento de vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais, designados en representación da Xunta de Galicia, dos consellos de administración das autoridades portuarias, agradecéndolles os servizos prestados.

-Na autoridade portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:

Ramón Saúl Lueje Espina.

-Na autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

José Carlos Álvarez Villamarín.

-Na autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra:

Pablo Riera Táboas.

-Na autoridade portuaria de Vigo e a súa ría:

Javier Riera Nieves.

Luis Espada Recarey.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

b) NOMEAMENTOS PRESIDENCIA