DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2007 Páx. 19.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 14 de decembro de 2007 pola que se aumenta a dotación orzamentaria da orde do 29 de decembro de 2006 pola que se establecen as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

No DOG número 5 do 8 de xaneiro de 2007, publicouse a orde pola que se establecían as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e se convocaban para o ano 2007.

No artigo 7 relativo ao financiamento establecíase unha dotación económica desta orde de 7.400.000 € con cargo á aplicación 2007 11 03 713C 7730 C.P. 2006 00271.

Dado que os créditos autorizados non son dabondo para afrontar o pagamento das subvencións procedentes das contratacións pendentes, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase para o ano 2007 a dotación orzamentaria que se recolle na orde do 26 de decembro de 2006 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro), pola que se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios en 400.000 euros con cargo a aplicación 2007 11 03 713C 7730 C.P. 2006 00271.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para as solicitudes de axuda na devandita orde.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2007.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural