DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2007 Páx. 19.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2007 pola que se modifica a Resolución do 14 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 4 de decembro) pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía de medio natural e desenvolvemento sostible (MDS) dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas na Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) modificada pola Orde do 15 de outubro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 28 de outubro).

Por Orde do 26 de abril de 2007 (DOG do 15 de maio) establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2007. A mencionada convocatoria establece que os programas están dirixidos a diferentes tecnoloxías sectoriais entre as que figura a de medio natural e desenvolvemento sostible (MDS). Por Resolución do 14 de novembro de 2007 (DOG do 4 de decembro) adxudicáronse as mencionadas axudas.

Producidos erros na valoración económica das solicitudes financiadas e existindo crédito axeitado e suficiente, unha vez resolta a convocatoria correspondente ao ano 2007, e tendo en conta as propostas elaboradas polas correspondentes comisións de selección, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Modificar a distribución do importe das anualidades das axudas concedidas na Resolución de 14 de novembro de 2007, para a realización de proxectos de I+D de empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación, aos proxectos que se indican no anexo I desta resolución correspondentes ao procedemento IN 830H.

Os proxectos incluídos no anexo I que así o indican están cofinanciados nun 75% con fondos Feder e nun 25% con FCI na anualidade correspondente ao ano 2007.

Segundo.-Para poder percibir as axudas correspondentes será preciso presentar, na data límite do 20 de decembro de 2007, a documentación indicada no artigo 6 do anexo III da Orde do 26 de abril de 2007 (DOG nº 93, do 15 de maio).

Terceiro.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "24500D003P014.PDF"