DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2007 Páx. 19.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 da Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia, procédese pola presente á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ao abeiro da citada orde.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a mellora do hábitat da perdiz rubia.

b) Aplicación orzamentaria: 15.02.541B.781.0.

c) Crédito orzamentario: 200.000 euros.

d) Destinatarios: titulares de tecores galegos de carácter particular ou societario e as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta.

e) Entidades beneficiarias, importe e finalidade das axudas que se detallan no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2007.

Xosé Benito Reza Rodríguez

Director xeral de Conservación da Natureza

Ver referencia pdf "24200D004P013.PDF"