DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2007 Páx. 19.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas ata o 31 de agosto de 2007.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións previsto na Resolución do 4 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas provisionais de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de completar documentación presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas ata o 31 de agosto de 2007, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e máis nos das súas delegacións provinciais, así como na páxina web desta consellería, as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da citada Resolución do 1 de abril de 2005, e recibidas ata o 31 de agosto de 2007, así como as reclamacións estimadas e desestimadas.

Segundo.-Informar que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán formalizar demanda perante o xulgado do social do lugar de prestación dos servizos ou o do domicilio dos demandantes, a elección destes. A esta demanda xuntarán copia da resolución denegatoria, unindo copia de toda a documentación para a entidade demandada; advertíndolle que non terá efecto a reclamación se os interesados non presentasen a demanda perante o xulgado no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución, conforme o disposto nos artigos 10, 69, seguintes e concordantes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de procedemento laboral (BOE do 11 de abril).

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa