DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2007 Páx. 19.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de novembro de 2007 pola que se autoriza o centro privado CEBEM de Vigo (Pontevedra) para impartir o ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas en quenda de tarde-noite.

Examinado o expediente presentado polo centro privado CEBEM de Vigo, no que solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas en quenda de tarde-noite.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; o Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo; o Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; o Decreto 296/1999, do 21 de outubro, polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias; a Orde do 20 de setembro de 1995 que desenvolve este decreto e a Orde do 21 de decembro de 1999 pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o centro privado CEBEM de Vigo para impartir o ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Este centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Enderezo: Vía Hispanidade, 33.

Código do centro: 36013795.

Denominación: centro privado CEBEM.

Titular: Centro de Estudios Bancarios, Económicos y Mercantiles, S.L.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

1 ciclo formativo de grao medio de Comercio (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao medio de Xestión Administrativa (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de Administración e Finanzas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de Secretariado (1 unidade para 30 alumnos).

Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de Información e Comercialización Turísticas (1 unidade para 20 alumnos).