DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2007 Páx. 19.694

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 231/2007, do 13 de decembro, polo que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

O artigo 20 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, no que se establece a composición do Consello Reitor, determina que estará formado, entre outras, polas seguintes vogalías:

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de voluntariado.

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de urbanismo e transportes.

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de montes e incendios forestais.

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de sanidade.

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos.

-Un representante, con categoría, cando menos, de director xeral, da consellería competente en materia de medio ambiente.

-Tres vogais designados pola presidencia do Consello Reitor entre persoas expertas e de prestixio en materia de emerxencias.

-Un representante da Administración do Estado, nomeado pola persoa titular da Delegación do Goberno en Galicia.

Engádese que os vogais serán nomeados e cesados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

A competencia en materia de protección civil e xestión de emerxencias está atribuída á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Designados polos órganos correspondentes os representantes das consellerías, da Administración do Estado, así como as persoas expertas de recoñecido prestixio en materia de emerxencia, cómpre proceder ao seu nomeamento polo Consello da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de decembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias:

-O director xeral de Xuventude e Solidariedade Rubén Cela Díaz, en representación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-O director xeral de Obras Públicas Manuel Morato Miguel, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-O director xeral de Montes e Industrias Forestais Alberte Blanco Casal, en representación da Consellería do Medio Rural.

-O director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde Julio Villar Barreiro, en representación da Consellería de Sanidade.

-O director xeral de Recursos Mariños Antonio García Elorriaga, en representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-O secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Jorge Antonio Santiso Blanco, en representación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

-Manuel Bao Iglesias, na súa condición de experto en materia de emerxencias.

-Jerónimo Puertas Agudo, na súa condición de experto en materia de emerxencias.

-Juan José Gónzález Fernández na súa condición de experto en materia de emerxencias.

-O xefe da unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia José Luis Ucieda Somoza, en representación da Administración do Estado.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza